A declaración dos polígonos eólicos de “interese público superior” vai en contra da preservación ambiental

[nota de prensa da coordinadora EÓLICA ASÍ NON]

Galiza, 20 de novembro de 2023.- Centos de persoas convocadas pola Coordinadora “Eólica Así Non” concregáronse esta tarde diante do Parlamento de Galiza para manifestar a súa repulsa contra as últimas propostas lexislativas do Partido Popular, 𝐜𝐨𝐚𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐩𝐫𝐞𝐭𝐞𝐧𝐝𝐞 𝐬𝐨𝐫𝐭𝐞𝐚𝐫 𝐚𝐬 𝐬𝐞𝐧𝐭𝐞𝐧𝐳𝐚𝐬 𝐱𝐮𝐝𝐢𝐜𝐢𝐚𝐢𝐬 𝐝𝐨 𝐓𝐒𝐗𝐆 𝐪𝐮𝐞 𝐞𝐬𝐭𝐚́𝐧 𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐚𝐥𝐢𝐳𝐚𝐫 𝐩𝐫𝐨𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨𝐬 𝐞𝐨́𝐥𝐢𝐜𝐨𝐬 𝐢𝐥𝐞𝐠𝐚𝐢𝐬, 𝐚𝐬𝐢́ 𝐜𝐨𝐦𝐨 𝐞𝐧𝐭𝐫𝐞𝐠𝐚𝐫 𝐝𝐞𝐟𝐢𝐧𝐢𝐭𝐢𝐯𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐨𝐬 𝐫𝐞𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨𝐬 𝐧𝐚𝐭𝐮𝐫𝐚𝐢𝐬 𝐝𝐨 𝐩𝐚𝐢́𝐬 𝐚́𝐬 𝐞𝐥𝐞́𝐜𝐭𝐫𝐢𝐜𝐚𝐬 𝐞 𝐦𝐢𝐧𝐞𝐢𝐫𝐚𝐬. Trátase da Lei de acompañamento dos orzamentos de 2024, na que os proxectos eólicos autorizados desde o 30 de decembro de 2022 se declaran de “interese público superior”, así como a Lei de beneficios sociais e económicos derivados do aproveitamento de recursos naturais, impulsadas ambas as dúas polo PP pola vía de urxencia e sen a debida participación pública.

🔴
A concentración de Eólica Así Non desenvolveuse mentres no interior do Parlamento se debatía a Lei de Acompañamento dos Orzamentos, na cal o PP propón a declaración dos proxectos industriais eólicos de “interese público superior”, coa perversa intención de facer prevalecer a explotación enerxética do vento fronte a outras actividades económicas estratéxicas, a preservación do medio ambiente e o aproveitamento ordenado dos recursos naturais. Ao berro de “as leis do Capital non son de interese xeral”, os colectivos e organizacións que conforman o movemento “Eólica Así Non” acusaron ao Partido Popular de prevaricar ao reincidir na disposición de leis que recortan dereitos sociais e de participación pública e que favorecen a destrución do patrimonio ambiental e cultural, deixando a cidadanía galega totalmente indefensa e á mercede dos intereses especulativos do lobby enerxético.

🟠
𝐀 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐮𝐧𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 “𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐞𝐬𝐞 𝐩𝐮́𝐛𝐥𝐢𝐜𝐨 𝐬𝐮𝐩𝐞𝐫𝐢𝐨𝐫” 𝐟𝐚𝐜𝐢𝐥𝐢𝐭𝐚 𝐚 𝐭𝐫𝐚𝐦𝐢𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧 𝐝𝐞 𝐫𝐞𝐧𝐨𝐯𝐚́𝐛𝐞𝐢𝐬 𝐞 𝐜𝐨𝐧𝐬𝐢𝐝𝐞𝐫𝐚 𝐩𝐨𝐫 𝐝𝐞𝐟𝐞𝐜𝐭𝐨 𝐨𝐬 𝐩𝐨𝐥𝐢́𝐠𝐨𝐧𝐨𝐬 𝐞𝐨́𝐥𝐢𝐜𝐨𝐬 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐚𝐭𝐢́𝐛𝐞𝐢𝐬 𝐜𝐨 𝐦𝐞𝐝𝐢𝐨 𝐚𝐦𝐛𝐢𝐞𝐧𝐭𝐞, 𝐚𝐠𝐚́𝐬 𝐚𝐫𝐠𝐮𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐞𝐧 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐚. Esta medida 𝐫𝐞𝐥𝐞𝐠𝐚 𝐚́ 𝐗𝐮𝐧𝐭𝐚 𝐝𝐚 𝐬𝐮́𝐚 𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨𝐧𝐬𝐚𝐛𝐢𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐟𝐢𝐬𝐜𝐚𝐥𝐢𝐳𝐚𝐝𝐨𝐫𝐚 𝐧𝐚𝐬 𝐚𝐯𝐚𝐥𝐢𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐝𝐞 𝐢𝐦𝐩𝐚𝐜𝐭𝐨 𝐚𝐦𝐛𝐢𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐝𝐨𝐬 𝐩𝐫𝐨𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨𝐬 𝐞𝐧𝐞𝐫𝐱𝐞́𝐭𝐢𝐜𝐨𝐬 𝐞 𝐝𝐞𝐩𝐨𝐬𝐢𝐭𝐚 𝐚 𝐭𝐮𝐭𝐞𝐥𝐚 𝐝𝐨𝐬 𝐫𝐞𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨𝐬 𝐩𝐮́𝐛𝐥𝐢𝐜𝐨𝐬 𝐞 𝐚 “𝐜𝐚𝐫𝐠𝐚 𝐝𝐚 𝐩𝐫𝐨𝐛𝐚” 𝐧𝐚 𝐜𝐢𝐝𝐚𝐝𝐚𝐧𝐢́𝐚, de forma, que teña que ser o pobo galego o que demostre a incompatibilidade de moitos dos macroeólicos xa autorizados e pendentes de autorización coa preservación da biodiversidade, da auga, dos servizos ecosistémicos, da paisaxe, do patrimonio cultural ou co benestar e saúde das comunidades afectadas.

🟡
Ao tempo, atópase en avaliación no Consello Económico e Social o anteproxecto da “𝐋𝐞𝐢 𝐝𝐞 𝐩𝐫𝐨𝐦𝐨𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐨𝐬 𝐛𝐞𝐧𝐞𝐟𝐢𝐜𝐢𝐨𝐬 𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐢𝐬 𝐞 𝐞𝐜𝐨𝐧𝐨́𝐦𝐢𝐜𝐨𝐬 𝐝𝐨𝐬 𝐩𝐫𝐨𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐮𝐭𝐢𝐥𝐢𝐳𝐚𝐧 𝐫𝐞𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨𝐬 𝐧𝐚𝐭𝐮𝐫𝐚𝐢𝐬 𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐳𝐚”, tamén impulsada polo PP e dirixida unicamente a facilitar o camiño das grandes corporacións empresariais cara á explotación dos recursos naturais que son de todas e todos. Tal e como se concibe, esta lei impide á Administración pública exercer un control efectivo sobre o aproveitamento de recursos naturais básicos para a supervivencia do pobo galego (enerxía, auga, minerais…). Ben ao contrario, reforza o carácter privado da explotación dos recursos comúns e branquea o espolio do país con supostos beneficios xerais. Na práctica, esta lei servirá para que a Xunta do PP poda dotar de financiación pública encuberta os negocios privados das súas empresas amigas, que xa se están a enriquecer coa explotación dos nosos recursos naturais.

🔴
Estas novas reformas legais constitúen na práctica 𝐨 𝐚𝐛𝐚𝐧𝐝𝐨𝐧𝐨 𝐝𝐚 𝐗𝐮𝐧𝐭𝐚 𝐝𝐚 𝐬𝐮́𝐚 𝐟𝐮𝐧𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞𝐱𝐞𝐜𝐮𝐭𝐢𝐯𝐚 𝐚 𝐩𝐫𝐨𝐥 𝐝𝐨 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐞𝐬𝐞 𝐱𝐞𝐫𝐚𝐥 𝐞 𝐨 𝐬𝐞𝐮 𝐞𝐯𝐢𝐝𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐬𝐨𝐦𝐞𝐭𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐚𝐨 𝐬𝐞𝐫𝐯𝐢𝐳𝐨 𝐝𝐨 𝐜𝐚𝐩𝐢𝐭𝐚𝐥 𝐩𝐫𝐢𝐯𝐚𝐝𝐨, 𝐝𝐞𝐢𝐱𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐞𝐧 𝐦𝐚𝐧𝐬 𝐝𝐚𝐬 𝐠𝐫𝐚𝐧𝐝𝐞𝐬 𝐞𝐬𝐩𝐞𝐜𝐮𝐥𝐚𝐝𝐨𝐫𝐚𝐬 𝐨 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐞 𝐟𝐮𝐭𝐮𝐫𝐨 𝐝𝐨 𝐧𝐨𝐬𝐨 𝐩𝐚𝐢́𝐬. Porén, desde a Coordinadora Eólica Así Non confiamos en que a mobilización social, o control do poder público exercido pola cidadanía e a independencia da Xustiza consigan deter os efectos perversos deste ronsel antidemocrático de reformas lexislativas, promovidas por un PP que, a cada paso que dá, deixa máis claro para quen está a gobernar. Despois dirán que son os tribunais e a cidadanía as que creamos inseguridade xurídica.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario