Bay Wa vs. Celanova

DOCUMENTOS SOBRE OS PLANS DE BAY WA PARA O MONTE DA NEVE

Publicación no DOG do venres 10 de decembro de 2021.

ACUERDO de 1 de diciembre de 2021, de la Jefatura Territorial de Ourense, por el que se someten a información pública las solicitudes de autorización administrativa previa y de construcción, el proyecto de interés autonómico y el estudio de impacto ambiental del proyecto del parque eólico Monte da Neve y línea de evacuación, ubicado en los ayuntamientos de Celanova y Verea, de la provincia de Ourense (expediente IN408A 2020/102).”

DOCUMENTOS A DESCARGAR EN:

http://descargas.xunta.es/9178b755-1f2c-4b91-9187-049e77b4f0b61638352614573

A) ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL (4_EIA PE Monteda Neve)
A1 Memoria [562 páxinas]
A2 Anexos [975 páxinas]
  • Estudo da vexetación, hábitats e flora.
  • Estudo preoperacional de avifauna e quirópteros.
  • Estudo de impacto de integración paisaxística.
  • Estudo de impacto turístico.
  • Estudo de impacto sobre patrimonio cultural.
  • Plan de restauración.
  • Plan de seguimento e vixilancia ambiental.
  • Fotografías.
  • Estudo efecto sombras.
  • Estudo de afección electromagnética.
  • Estudo vulnerabilidade accidentes e catástrofes.
  • Contestación alegacións.
  • Lexislación.
  • Aeroxerador (en inglés).
A3 Planos.
B) Proxecto de execución (3_PE01-MONTEDANEVE_SEP21_Firmado.pdf)
[978 páxinas]
C) Proxecto de intereses autonómico (5.1_PROY INTERES AUTONOM MONTE DA NEVE SEP21_Firmado)
[793 páxinas]
C1. Proxecto
  • Memoria xustificativa.
  • Memoria económica.
  • Memoria descritiva.
  • Estudo incidencia territorial.
  • Xustificación cumprimento lei do solo.
  • Plans urbanísticos.
  • Usos.
  • Eficacia.
  • Cualificación de obra.
  • Documentación.
  • Conclusións.
C2. Anexos
  • Análise viabilidade económico financeira.
  • Xustificación coherencia DOT e ACE.
  • Estudo de emisións acústicas.
  • Infografía.
  • Memoria de Estudo de Impacto Ambiental.
D) Declaración responsábel autor proxecto sectorial (5.2_PROY INTERES AUTONOM MONTE DA NEVE SEP21DecResponsable_Firmado)
[2 páxinas]

DOCUMENTO INCIAL (febreiro 2021)

DOCUMENTO DE INICIO DO P.E. MONTE DA NEVE (XUÑO 2020-en trámite desde FEBREIRO 2021)

https://drive.google.com/file/d/1c3l8KrzEYI84RYkpTvMQsWyWoCYi69Ca/view


Salvai a Casa da Neve!

X. L. Méndez Ferrín | FARO DE VIGO, 22·03·21

O 27 de outono de 1755, o padre Sarmiento visitou Celanova e dixo o que tiña que decer deste sitio central da historia de Galicia que debe ser visitado incluíndo Vilanova dos Infantes e Castromao, e outros lugares ateigados de memoria. Xusto sobre o convento e actual vila de Celanova, no estribo do macizo e serra de Leboreiro, que traspasa a raia de Portugal, encóntrase a eminencia coñecida co curioso nome de Casa da Neve. Celso Emilio Ferreiro soía decer que, ao ouvir cousas da Casa da Neve, lle viñan memoranzas da nenez. Dun día no que Tony Román lle emprestou, para el ler, un conto ilustrado cuxo título era “A Raíña das Neves”.

Co tempo, Antonio Román foi famoso director de cine e Celso Emilio brillou coma alto poeta de nosoutros. Parece que na Casa da Neve houbo adegas subterráneas ou pozos cubertos onde se conservaba a neve dos invernos con que logo se fabricaría o sorbete para os frades do mosteiro gozaren nos veraos. No arredor da Casa da Neve encóntrase a misteriosa cidade morta de Cachiquimbra, ou o pedregullo que dela quede. Coido que Sarmiento menciona Cachiquimbra na crónica da súa viaxe, aínda que estou escribindo de memoria e esta pode resultar traizoeira.

E ben, unha entidade da que non se sabe máis ca a súa condición extranxeira, ten previsto violar brutalmente o espazo histórico-artístico de Celanova erguendo sobre as ruínas de Cachiquimbra e no outeiro da Casa da Neve unhas torres eólicas de altura desmesurada. “Sete torres xigantescas de 102 metros de altura con rotores de 155 metros de diámetro erguéndose coas súas aspas ata os 1000 metros de altura da Casa da Neve e da Chaira de Albos e Amoroce, á vista de todo o val e a 4 Km. de distancia da vila de Celanova e de 5 do burgo medieval de Vilanova dos Infantes”. Con estas verbas aléntanos Xosé Benito Reza.

A paisaxe arqueolóxica, artística e humana de todo o territorio afectado encóntrase severamente ameazada. Un movemento activo contra as máquinas que transformarán se llo permitimos o vento en quilovatios nunha operación colonial que non lle vai producir beneficio senón a inversores sen rostro que, seguramente, vivan ociosos a milleiros de quilómetros de Celanova, está en marcha.

Os contrarios ao atentado da Casa da Neve están a difundir fundamentadas alegacións ao proxecto cun sólido argumentario en defensa da Terra e do seu patrimonio económico e cultural. Véñenme á memoria as Irmandades da Fala e máis Manuel Antonio cando se referían á “soberanía estética de Galicia coma a un dereito”. O proceso de colonización parece ser que continúa. Agora tamén defendemos a nosa soberanía enerxética.


ALEGACIONS BNG AO DOCUMENTO DE INICIO DO PROXECTO EÓLICO CASA NEVE (marzo 2021)


ALEGACIÓNS PRESENTADAS POR X. B. REZA (marzo 2021)

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario