A Xunta converte a avaliación ambiental en papel mollado

Reproducimos polo seu interese a resposta de SALVEMOS CABANA á última manobra lexislativa da Xunta:

A Asociación de Defensa Ambiental Salvemos Cabana considera que o proxecto de lei para de acompañamento dos presupostos da Xunta para o vindeiro ano, que recolle a consideración especial da planificación, construción e explotación de proxectos eólicos de competencia autonómica só favorece aos intereses das grandes empresas do oligopolio enerxético.

A lexislación estatal e europea sobre avaliación ambiental requiere que se teñan en conta todos os aspectos de calquera proxecto avaliado mantendo un carácter global e a súa integridade, o que no caso dos parques eólicos implica as súas liñas de evacuación e as súas infraestruturas asociadas, que tamén teñen un gran impacto sobre o territorio. Neste senso, o procedimiento de avaliación ambiental queda gravemente danado coa modificación lexislativa fomentada pola Xunta.

O cambio de normativa proposto polo PP dende o Goberno autonómico retorce a conveniencia, unha vez máis, a lexislación comunitaria, enmarcando a reforma dentro do marco europeo “para acelerar o desplegue de enerxías renovables” pero olvidando que o Principio de Cautela ou Precaución é un dos piares rectores da política europea cuxo enfoque proactivo busca protexer o medio ambiente e a saúde pública.

A realidade é que a diferencia do ideario publicado dende o Executivo de Alfonso Rueda Galicia non necesita máis parques eólicos senón máis sentido común na súa xestión política e sobre todo menos colonialismo enerxético, pois en 2022 según os datos aportados por Red Eléctrica (REE) foi a terceira comunidade con maiior nivel de produción renovable representando o 64,8% do total do mix do que a eólica produxo un 43,4% cun saldo exportador dun 40,5% da electricidade xerada.

Na práctica, o territorio e a poboación cargan coas moitas consecuencias negativas provocadas pola instalación de parques eólicos mentres as grandes eléctricas benefician as súas contas de resultados. Cabe recordar que tal como sinalou no último informe o Consello da Cultura Galega (CCG) o modo no que se está a desenvolver a implantación da enerxía eólica en Galicia está a resultar negativo para ámbitos sociais tan destacados coma o cultural pero tamén o económico cunha afectación significativa sobre paisaxe, medioambiente e patrimonio.

LIGAZÓN:

https://salvemoscabana.blogspot.com/2023/10/o-cambio-lexislativo-anunciado-pola-xunta-para-favorecer-o-interese-publico-superior-dos-parques-eolicos-converte-o-proceso-de-avaliacion-ambiental-en-papel-mollado-e-vai-contra-o-interese-xeral-da-cidadania.html?fbclid=IwAR2u7v-NjwW8RV8AZhyOWVcyBIMOLa-MiH-ll4tKh1xtW-qLmQwUqjtGLJM

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario