Aquí tes os modelos de ALEGACIÓNS EXPRÉS CONTRA O DENOMINADO “CLÚSTER DA LIMIA”.
Axúdanos a paralo. Pedímoslle ao Ministerio que desbote xa nesta fase inicial os proxectos por inviábeis seren ambiental, social, paisaxística, cultural e economicamente.
A empresa dividiu a tramitación do macrocomplexo en tres proxectos (PE A Limia_Sarreaus, PE A Limia_Altos de Verín, e PE A Limia_Fontefría).
O que obriga a alegar por separado.
Podes alegar a un, a dous ou aos tres.
- Completa os teus datos na cabeceira e asina ao final.
- Presenta a alegación en calquera Rexistro da Administración Pública antes de venres 22 de setembro (inclusive).
Tamén se pode tramitar con sinatura electrónica no Rexistro da Administración estatal: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do
Neste caso, o fin do prazo é o 24/09/2023 (domingo).
ALEGACIÓNS PE A Limia_Sarreaus

ALEGACIÓNS PE A Limia_Altos de Verín

ALEGACIÓNS PE A Limia_Fontefría
