Unha das localidades máis afectadas polo macropolígono eólico co que a norueguesa Statkraft ameaza as montañas do Macizo Central acolleu onte a concentración que puxo o ramo á xornada de mobilización en todo o país contra a invasión eólica.
As plataformas antieólicos e colectivos ecoloxistas e labregos do centro e do sur de Ourense elixiron Laza para concentrar a súa protesta e elevar a súa voz diante do espolio enerxético e a desfeita no territorio da actual ameaza eólica.
📣 As veciñas e veciños dixeron ben alto, ben forte, para que se escoite lonxe: “Se non o paramos AGORA, en poucos anos, teremos o horizonte inzado de ringleiras de aeroxeradores que desfarán a nosa paisaxe e os montes onde nacen os ríos”.
📣 E dixeron: “o Macizo Central está ameazado pola cobiza da empresa norueguesa Statkraft, que está presionando o Estado español e as autoridades galegas, desde a Xunta aos concellos, e negociando con propietarios privados e comuneiros para instalar un mega-polígono desde esta comarca de Monterrei até O Courel en Lugo”.
📣 E dixeron tamén: “A defensa do Macizo Central da agresión norueguesa é a primeira liña de defensa dos montes de Ourense. Por iso estamos aquí todas, porque a loita no Ribeiro e no Irixo, en #Celanova e na #Limia, en #Trevinca e #CastroCaldelas, é a mesma loita, como antano loitamos (e seguimos loitando) por salvar o #Miño, o #Limia, o #Sil, o #Támega, o #Arnoia… loitamos HOXE por gardar as nosas montañas da depredación colonial”.
Os colectivos convocantes foron:
✊🏻 Stop parques eólicos Chandrexa de Queixa
✊🏻 Stop Eólicos Xurés-Celanova
✊🏻 Amigas das Árbores de Ourense
✊🏻 Amigos das Cegoñas
✊🏻 Amigos da Terra
✊🏻 CSA Cambalhota de Allariz
✊🏻 Ecoloxistas en Acción
✊🏻 Movemento Ecoloxista da Limia
✊🏻 Sindicato Labrego Galego
✊🏻 Salvemos O Támega – ADEGA Monterrei
As demáis localidades do país que saíron á rúa para dicir Eólicas Así Non, foron:
▪️ Bembibre-Val do Dubra,
▪️ Carral,
▪️ Coristanco,
▪️ Ferrol,
▪️ Mazaricos (na provincia A Coruña);
▪️ Antas de Ulla,
▪️ Becerreá,
▪️ Chantada,
▪️ Foz,
▪️ Lugo,
▪️ Meira,
▪️ Vilalba (na provincia de Lugo);
▪️ A Lama,
▪️ Bueu,
▪️ Cerdedo,
▪️ Gondomar,
▪️ Marín,
▪️ Pontevedra,
▪️ Vila de Cruces (na provincia de Pontevedra);
▪️ Castro Caldelas
e Laza…
Na praza da Picota, símbolo da resistencia do rural galego e do amor polas nosas montañas, puxeron o ramo berrando ben alto:
📣 Eólica Así NON! #11DEólicaAsíNON