A transición enerxética é imprescindible para facer fronte á emerxencia climática e avanzar cara a un modelo limpo. Porén, esta transformación 𝐧𝐨𝐧 𝐬𝐞 𝐩𝐨𝐝𝐞 𝐟𝐚𝐜𝐞𝐫 𝐚́ 𝐜𝐮𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐨 𝐦𝐮𝐧𝐝𝐨 𝐫𝐮𝐫𝐚𝐥, 𝐧𝐢𝐧 𝐩𝐨𝐝𝐞 𝐛𝐚𝐬𝐞𝐚𝐫𝐬𝐞 𝐧𝐚 𝐝𝐞𝐠𝐫𝐚𝐝𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐨𝐬 𝐥𝐢𝐦𝐢𝐭𝐚𝐝𝐨𝐬 𝐞𝐬𝐩𝐚𝐳𝐨𝐬 𝐧𝐚𝐭𝐮𝐫𝐚𝐢𝐬 𝐝𝐨 𝐧𝐨𝐬𝐨 𝐩𝐚𝛊́𝐬, 𝐨𝐬 𝐜𝐚𝐥𝐞𝐬 𝐜𝐨𝐧𝐬𝐭𝐢𝐭𝐮́𝐞𝐧 𝐮𝐧 𝐩𝐚𝐭𝐫𝐢𝐦𝐨𝐧𝐢𝐨 𝐜𝐨𝐥𝐞𝐜𝐭𝐢𝐯𝐨 𝐞𝐬𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚𝐥 𝐞 𝐧𝐨𝐧 𝐫𝐞𝐧𝐨𝐯𝐚𝐛𝐥𝐞.
• Cales son os riscos de destruír de xeito irreversible espazos naturais, agrícolas e forestais, prexudicando a biodiversidade, os recursos hídricos e a soberanía alimentaria do mundo rural?
• Por que se aposta por un modelo baseado en grandes instalacións promovidas por corporacións especulativas en lugar de aproveitar a oportunidade para unha planificación equilibrada?
• Por que se planifica que a enerxía se produza lonxe dos centros de consumo real, obrigando a construír novas infraestruturas de transporte eléctrico de gran lonxitude e a multiplicar as liñas de alta tensión?
• É xusto que determinadas comarcas rurais se vexan obrigadas a producir unha cantidade de enerxía extremadamente superior ao seu propio consumo para satisfacer intereses privados e doutros territorios?
• Por que se castiga novamente a territorios que xa asumiron historicamente un gran peso na produción enerxética, na produción hidroeléctrica?
• Por que as entidades sociais e a propia cidadanía non son escoitados nin implicados na definición dun modelo enerxético que afecta directamente o seu futuro?


