Seguimos: na feira do xoves 30 en Celanova

DESPOIS DE TERMOS RECOLLIDO CASE 400 ALEGACIÓNS CONTRA OS PLANS DE VESTAS NO MONTE GRANDE, a mesa informativa volve este xoves, 30 de xullo, á feira de Celanova.

O día 23, en Celanova a comarca volveu responder como no 2021 e no 2022 diante da invasión eólica dos nosos montes. Esta vez, tamén numerosos veciños de Verea e Bande, concellos directamente afectados xunto ao de Rairiz de Veiga pola infraestrutura que promove a multinacional dinamarquesa Vestas

O día 27, en Xinzo informouse á veciñanza da irresponsabilidade que supón por parte da Administración admitir a trámite un proxecto industrial en territorio de 2 reservas da biosfera e a menos dun quilómetro da ZEPA da Limia na Veiga de Ponteliñares, así como do terríbel impacto paisaxística sobre a zona da chaira comprendida entre A Forxa e Celme, dous referentes patrimoniais e identitarios.

Ni Greenalia, no 2021-23, nin a multinacional dinamarquesa Vestas, hoxe, poden -por moito poder que teñan no Consello da Xunta- definir o futuro das nosas comarcas.

O período de participación pública está aberto 𝐚𝐭𝐞́ 𝐨 𝟏𝟎 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨, e até esa data estarán a disposición da veciñanza das nosas comarcas os seguintes locais para asinar e deixar alegacións, que se irán rexistrando xa desde a semana que vén:
𝗕𝗮𝗻𝗱𝗲
▪️ Bar Benita (Rúa Badella, 3)
𝗖𝗲𝗹𝗮𝗻𝗼𝘃𝗮
▪️ Bar Entre Amigos (Rúa Encarnación, 34)
▪️ Administración Gastro-bar (Rúa Pardo Bazán, 12)
𝗥𝗮𝗶𝗿𝗶𝘇
▪️ Bar Minero (Estada San Baia, 2)
𝗫𝗶𝗻𝘇𝗼
▪️ Ecotienda O Acebo (Avda. Ourense, 98)
▪️ LCH Xinzo (Praza Maior, 4)
𝗔𝗹𝗹𝗮𝗿𝗶𝘇
▪️ CS A Alvariça (Rúa Oliveira, 2)
𝗢𝘂𝗿𝗲𝗻𝘀𝗲
▪️ Grándola (Praza de San Marcial)
𝗥𝗶𝗯𝗮𝗱𝗮𝘃𝗶𝗮
▪️ BNG O Ribeiro (Rúa Progreso)
▪️ SLG (Rúa Virxe do Portal, 11)
𝗩𝗶𝗹𝗮𝗿 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗼𝘀
▪️ A Arca da Noe (Rúa do Forno, 13)
𝗕𝗮𝗹𝘁𝗮𝗿
▪️ Casa Palomín (A Boullosa)
𝗢 𝗖𝗮𝗿𝗯𝗮𝗹𝗹𝗶𝗻̃𝗼
▪️ OZOCOgz (Rúa Curros Enríquez, 29).


Lembrade que 𝐧𝐚 𝐰𝐞𝐛 𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐢𝐬𝐩𝐨𝐧̃𝛊́𝐛𝐞𝐥 𝐨 𝐦𝐞𝐬𝐦𝐨 𝐦𝐨𝐝𝐞𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞𝐱𝐩𝐫𝐞́𝐬 dunha folla.

Alegación exprés contra o macropóligono Cantanarrás no Monte Grande (descarga e rexistra)

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario