Mesas de alegacións nas feiras de Celanova (o 23) e Xinzo (o 27)

𝐌𝐚𝐧̃𝐚́ 𝐱𝐨𝐯𝐞𝐬 𝐧𝐚 𝐟𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐂𝐞𝐥𝐚𝐧𝐨𝐯𝐚 (praza Maior), 𝐨 𝐥𝐮𝐧𝐬 𝐧𝐚 𝐝𝐞 𝐗𝐢𝐧𝐳𝐨 𝐝𝐞 𝐋𝐢𝐦𝐢𝐚 (rúa san Roque).

PODES CUBRIR A TÚA ALEGACIÓN (NÓS ENCARGÁMONOS DO REXISTRO) E COÑECER DETALLES DO PROXECTO.

Achégate ás mesas informativas sobre os impactos do macropolígono que tramita a multinacional dinamarquesa Vestas no Monte Grande (Bande, Verea e Rairiz) con 𝟏𝟎 𝐚𝐞𝐫𝐨𝐱𝐞𝐫𝐚𝐝𝐨𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐞 𝐜𝐚𝐬𝐞 𝟐𝟎𝟎 𝐦𝐞𝐭𝐫𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐚𝐥𝐭𝐨 𝐧𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐚́𝐫𝐞𝐚 𝐧𝐨 𝐪𝐮𝐞 𝐱𝐚 𝐟𝐨𝐫𝐨𝐧 𝐫𝐞𝐱𝐞𝐢𝐭𝐚𝐝𝐨𝐬 𝐝𝐨𝐮𝐬 𝐩𝐫𝐨𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨𝐬 𝐚𝐧𝐭𝐞𝐫𝐢𝐨𝐫𝐞𝐬. Coñece o trazado da liña de alta tensión que pretende conectar ese polígono co proxectado no Coto Novelle (Arnoia e Cartelle) para instalar 𝟑𝟒 𝐪𝐮𝐢𝐥𝐨́𝐦𝐞𝐭𝐫𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐭𝐨𝐫𝐫𝐞𝐬 𝐞 𝐭𝐞𝐧𝐝𝐢𝐝𝐨 𝐞𝐥𝐞́𝐜𝐭𝐫𝐢𝐜𝐨 pasando por Verea (moi preto dos núcleos de Ourille e Laioso) Celanova (Monte da Neve, Amoroce), Ramirás (Covelas), Cartelle (Cartelle, Calvelos) até a estación do encoro de Castrelo de Miño, na zona máis densa en infraestruturas eléctricas de toda a provincia.

ESCRITO DE ALEGACIÓNS EXPRÉS (1 FOLLA):

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario