Volvemos EN DEFENSA DO MONTE GRANDE

O sábado 11 de xullo ás 11 horas, vémonos na Fonte do Vieiro (Bande).

Asemblea aberta-reunión de organización da mobilización contra o proxecto da multinacional dinamarquesa Vestas que ameaza de novo o MONTE GRANDE e a zona de protección de aves da Limia -con dez aeroxeradores de case 200 metros- e ameaza montañas, vales e ríos do occidente da Terra de Celanova cunha Liña de Alta Tensión de 34 quilómetros até Castrelo de Miño para entroncar co macropolígono do Coto Novelle, en Cartelle, que está sendo contestado.

ALGUNHAS IMAXES DA CAMPAÑA 2021/22

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario