É un proxecto “calcado” a aquel do macropolígo Fontesanta que se parou hai tres anos.
𝐀 𝐧𝐨𝐯𝐚 𝐚𝐠𝐫𝐞𝐬𝐢𝐨́𝐧: 𝐌𝐚𝐜𝐫𝐨𝐩𝐨𝐥𝛊́𝐠𝐨𝐧𝐨 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐚𝐧𝐚𝐫𝐫𝐚́𝐬…
Afecta territorio dos concellos de Verea, Rairiz de Veiga e Bande. E a LAT (Liña de Alta Tensión) discorrería polos concellos de Verea, Celanova, Ramirás, Cartelle e Castrelo de Miño.
Dentro da Área de Desenvolvemento Eólico (ADE) do Vieiro, onde a propia Xunta xa botou abaixo DOUS MACROPOLÍGONOS en 2023: o do Monte da Neve e o de Fontesanta polo impacto ambiental e tras unha forte contestación social polo impacto patrimonial e paisaxístico. E mentres a propia Xunta admitiu que o Plan Eólico que estableceu as ADE ficou obsoleto, mais demora a elaboración do novo plan.
10 aeroxeradores cunha potencia unitaria de 4,5 MW, sumando unha potencia total de 45 MW. Modelo Vestas V 163, cunha altura de buxa de 113 metros e un diámetro de rotor de 163 metros (194,5 metros de altura total)
127 torres de Alta Tensión, con 34 kilómetros de LAT até a subestación de Castrelo de Miño de 220 kV.
A empresa promotora é Tuñas Eólicas, S.L. con domicilio social na rúa Serrano Galvache, nº 56, en Madrid, nun complexo de oficinas chamado Parque Norte. 𝐄𝐬𝐭𝐚 𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞𝐬𝐚 𝐞́ 𝐚 𝐩𝐚𝐧𝐭𝐚𝐥𝐥𝐚 𝐝𝐚 𝐌𝐔𝐋𝐓𝐈𝐍𝐀𝐂𝐈𝐎𝐍𝐀𝐋 𝐃𝐈𝐍𝐀𝐌𝐀𝐑𝐐𝐔𝐄𝐒𝐀 𝐕𝐄𝐒𝐓𝐀𝐒.
A empresa Vestas Eólica, S.A. (a filial que Vestas ten en España para promoción, xeración e explotación de parques eólicos) ten a súa sede rexistral precisamente en Calle Serrano Galvache 56…
Vestas non só vende as turbinas, senón que tamén promove directamente proxectos eólicos en Galicia a través de pequenas sociedades instrumentais de propósito único (SPV), das que Tuñas Eólicas, S.L. parece ser unha máis.
𝐀 𝐨𝐮𝐭𝐫𝐚 𝐜𝐚𝐫𝐚 𝐝𝐨 𝐞𝐬𝐩𝐨𝐥𝐢𝐨:
Desde que Vestas pechou a súa fábrica de Viveiro en 2021, a Xunta autorizou ou tramitou 33 novos parques eólicos con máquinas Vestas na Galiza. É dicir, deixou de fabricar aquí pero segue promovendo o espolio do territorio galego.
𝐒𝐓𝐎𝐏 𝐄𝐎́𝐋𝐈𝐂𝐎𝐒 𝐀 𝐋𝐈𝐌𝐈𝐀 𝐗𝐔𝐑𝐄́𝐒 𝐂𝐄𝐋𝐀𝐍𝐎𝐕𝐀 𝐕𝐎𝐋𝐕𝐄 𝐀 𝐒𝐄 𝐀𝐂𝐓𝐈𝐕𝐀𝐑 PARA PROCURAR INFORMACIÓN, ANALIZAR OS IMPACTOS, DENUNCIAR O LAMENTÁBEL PAPEL DA XUNTA E DOS RESPONSÁBEIS DOS CONCELLOS AFECTADOS -QUE INSISTEN EN AGOCHAR OS MACROPROXECTOS EÓLICOS Á VECIÑANZA- E TRATAR DE ORGANIZAR A RESPOSTA VECIÑAL NA QUE LEVAMOS DESDE O 2021 FRONTE A IVASIÓN EÓLICA E O ESPOLIO DOS RECURSOS COMÚNS.
REFERENCIA DO DOG: https://share.google/nOXS9DCuMb0125xq5
GALICIA CONFIDENCIAL: https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/5937666-xunta-somete-informacion-publica-as-solicitudes-do-parque-eolico-cantanarras-ao-opon-unha-plataforma-celanova


