“Canta máis información, máis resposta e más rexeitamento”

Iria, portavoz da plataforma MACROPLANTA BIOGÁS NA LIMIA NON, onte nunha entrevista en ONDA CERO.

“A instalación da macroplanta linda coa Zona Especial de Protección de Aves da Limia, é dicir, coa Rede Natura. Trazaron unha liña recta para decir que quedaría fóra, mais as aves e a fauna o que toparán será unha barreira, con balsas de a ceo aberto, unha planta fotovoltáica e unha instalación industrial que ocuparía 18 hectáreas”.

A veciñanza está preocupada polos cheiros que produciría a macroplantas, polo volume das cifras que se manexan, porque din que se procesarían máis de 160.000 toneladas ao ano, que habería un fluxo constante de camións de transporte de xurros pola zona, que van utilizar catro toneladas diarias de ácido sulfúrico que terán que ser transportadas dalgunha forma á instalación”.

“A preocupación social vai en aumento á medida que se vai difundido a información, hai máis resposta e más rexeitamento que hai un par de meses simplemente porque a información chegou a máis xente, e se no primeiro proceso de participación pública recolléronse máis de mil alegacións contra a macroplanta, agora esperamos recoller moitas máis”.

Escoita a entrevista completa nesta ligazón, e lembra HAI ABERTOS 31 PUNTOS DE RECOLLIDA DE ALEGACIÓNS EN 9 CONCELLOS E ATÉ PRINCIPIOS DE ANO DISPORANSE MESAS INFORMATIVAS EN MÁIS FEIRAS E EVENTOS.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario