Aquí podes decargar o PDF para imprimir, compatir e rexistrar as ALEGACIÓNS EXPRÉS CONTRA A AUTORIZACIÓN DE INSTALACIÓN DUNHA PLANTA DE BIOMETANO EN XUNQUEIRA DE AMBIA, LINDEIRA COA REDE NATURA, EN ZONA DE PROTECCIÓN DE AVES E ÁREA INUNDÁBEL, A 1 QUILÓMETRO DE VARIOS NÚCLEOS DE POBOACIÓN, E QUE PRESENTA ALTO RISCO DE CONTAMINACIÓN POR CHEIROS E DAS AUGAS… ofrecéndose como unha solución falsa ao problema dos xurros na Limia, e mesmo agravaría a contaminación por nitratos en zona de augas vulnerábeis.
Nos próximos días avanzaremos os PUNTOS DE RECOLLIDA DE ALEGACIÓNS e outras accións que se poidan emprender desde os colectivos ecoloxistas e veciñais da Limia. O prazo para presentar alegacións remata o 8 de xaneiro (xoves), mais a recollida para facilitar o rexistro pecharase tres días antes.
Máis información
Alega xa contra o biometano en Xunqueira
Documento PDF para descargar, AQUÍ:
Nesta ligazón podes coñecer algúns impactos previstos do proxecto, que xa tivo unha primeira tramitación en outubro: https://short.do/AATfTK

