José Luis Gavilanes, “el eterno alcalde de Ambía” -como subliñaba o pasado sábado un dos titulares de La Región nun artigo durísimo contra o cambio de postura do rexidor sobre os plans de Ence para instalar unha planta de biometano en Xunqueira- meteuse nun lameiro no que, a cada paso que dá, se funde máis.
A inusitada virulencia da información de La Región contra un alcalde do PP dará para moitas análises políticas, mais o relevante para a loita contra a colonización do territorio por empresas extractivistas e altamente contaminantes é que o propio xornal recoñece como a mobilización social provocou o cambio de postura de Gavilanes.
“El giro de 180 grados del alcalde coincide exactamente con el momento en que la contestación social se ha vuelto imparable. El proyecto está actualmente en periodo de exposición pública (aún abierto), y la movilización vecinal es patente”, apunta a información do sábado.
E a continuación recrimina a Gavilanes que “la pasividad del Concello se rompió solo cuando la presión se hizo insostenible. Gavilanes pasó de ser el presunto impulsor de la iniciativa -presume de haber recibido a decenas de interesados en haber isntalado ese proyecto- a firmar un bando municipal a finales de octubre anunciando alegaciones en contra y poniendo las oficinas consistoriales al servicio de la protesta”.
E conclúe: “La crisis en Xunqueira de Ambía ya no es solo ambiental, sino una grave crisis de confianza institucional”.
Gavilanes, en efecto, tratou de non quedarse descolgado diante da preocupación da veciñanza ante un proxecto do que nunca se lle informou até que o BNG convocou unha asemblea en Abeleda e se sumaron á protesta colectivos ecoloxistas da Limia como o MEL e Stop Eólicos A Limia Xurés Celanova, quen a través da plataforma Auga Limpa Xa! activamos unha campaña de información e alegacións contra a planta.
Así, Gavilanes anunciou nun Bando o 29 de outubro (o mércores da semana pasada) que o goberno municipal está a elaborar as súas propias alegacións ao proxecto (suponse que en contra) que porá a disposición dos veciños a partir deste venres día 6 nas propias oficinas municipais.
Tres días despois publicábase o artigo en La Región no que se lembraba que “El pasado 6 de octubre de 2025, el alcalde Gavilanes firmó una moción en la que alegaba “descoñecer o proxecto” ante la “ falta de información” sobre sus consecuencias. Sin embargo, en la propia memoria del proyecto que tramita la Xunta, consta un “Informe de Compatibilidade co Plan Urbanístico” firmado por la arquitecta municipal el 27 de febrero de 2024 -más de año y medio antes en el que se concluye “favorablemente “ sobre la instalación de la planta”.
Agora xa non era a presión veciñal a que obrigaba ao alcalde “eterno” a reaccionar, era un medio de ampla difusión provincial entre o electorado do PP quen cuestionaba a Gavilanes. E o rexedor volveu publicar un Bando -hoxe mesmo– no que acusaba ao xornal e ao BNG de mentir, e foi máis alá do que avanzaba o comunicado anterior, di que as alegacións serán “serias e contundentes”.
O vernes, segundo o anunciado, serán públicas (e suponse que se procederá ao seu rexistro inmediato) nas oficinas municipais.
Serán estas alegacións o fondo do lameiro no que se meteu o alcalde no seu intento de contentar a todos para seguir a se eternizar no cargo? Conseguirá saír del? Estaremos atentas, mais o importante é que sigades asinando alegacións exprés CONTRA O PROXECTO e difundindo os impactos entre a veciñanza. É o noso dereito.


Algeacións exprés CONTRA a planta de residuos en Xunqueira

