ASÍ LLE ERGO Á LIMIA ESTE CANTO SEN FIN
Chaira de friaxe
inmensa e sempre plana:
aterecida de xeada,
de frieiras curtida.
Chaira miña na pel malferida,
pola raíña parcelaria sometida.
Chaira de estiaxe
intensa e ás veces arcana:
regada polo vento,
polo tempo olvidada.
Chaira miña de árbores espida,
de maniñas agras vestida.
Chaira de pasaxe
extensa e ás veces mundana:
invadida por pútridas patacas,
por tractores abouxantes conquistada.
Chaira miña polos bois abandonada,
pola química pezoña condenada.
Chaira nosa, chaira abatida,
esganemos puño con puño esta aldraxe,
porque esta terra nosa non está vencida.
Miguel Marvoa. Holocausto limiao (memorial de reproches), 1998.


Miguel levou consigo a terra Nai ate o derradeiro intre da sua vida..foi un autentico escopoeta e activista denunciando o holocausto ambiental, paisaxistico e cultural que supuxeron as concentracuons Parcelarias