Compartimos aquí [abaixo, no PDF anexo] o modelo de alegacións contra a planta de biometano que pretende instalar ENCE en Xunqueira de Ambía elaboradas pola asociación PETÓN DO LOBO.
Cómpre recordar que calquera cidadán pode asinar e rexistrar cantos modelos de alegación lle pareza. É dicir, se rexitraches as do BNG que publicamos hai uns días, tamén podes tramitar estas… e poderás asinar as que se están a elaborar para poñelas en circulación en diferentes puntos de recollida estes próximos días (neste caso, os diferentes colectivos ambientalistas que colaboramos na oposición ao proxecto industrial encargarémonos de rexistralas).
Grazas a PETÓN DO LOBO por nos dotar sempre e en cada caso dunha ferramenta para poder exercer o noso dereito á participación pública, un procedemento que a Administración da Xunta non fai máis que intentar obstaculizar.
Temos as ferramentas, usémolas. O prazo remata o 14 de novembro.
Dos argumentos que pon sobre a mesa PETÓN DO LOBO subliñamos este:
“O proxecto industrial afecta a hábitats do Anexo I do Plan Director dá Rede Natura 2000. A Directiva de
Hábitats obriga a conservar os hábitats de interés comunitario nun estado de conservación favorable, o que
resulta incompatible coa súa afección irreversible ou eliminación, como se produciría neste caso.
O proxecto industrial, ademáis, afecta a zonas inundables ou de fluxo preferente, ID_ZONA ES010-ZFP
OU-06-00-21174-10, Zona Limia do río Pozo Grande, regato de Padroso e regato do Ferradal. Co problema
de contaminación por puríns que ten a zona dá Limia este proxecto industrial non soluciona esta
problemática, senón que afondaría nela, producindo máis contaminación dá entorna.
Cómpre ter en conta que de facto, a zona na que se ubica o proxecto industrial, é unha zona vulnerable á
contaminación por nitratos.”


Pingback: Rexistradas 1.000 alegacións contra a planta de Ence en Xunqueira – Stop Eólicos Xurés Celanova