Alega xa contra o biometano en Xunqueira

OPÓNTE Á PLANTA DE BIOMETANO DE ENCE EN XUNQUEIRA, que afecta á Rede Natura e ameaza con espallar cheiros as aldeas da contorna na Limia.

DESCARGA, COMPLETA E REXISTRA a túa alegación contra a autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental da planta de tratamento de residuos para a produción de biometano, compost e fertilizantes, no concello de Xunqueira de Ambía.

Difundimos hoxe o modelo de alegacións elaborado polo BNG, de oito páxinas, que podes rexistrar telematicamente ou presencialmente en calquera rexistro público.

Nos próximos días, con este e outros modelos que nos vaian chegando elaboraremos unhas alegacións exprés, de 1 folla, que de distribuirán en nos puntos de recollida habituais nas comarcas da Limia, Allariz e Celanova para facer un REXISTRO conxunto das alegacións que se vaian depositando neses puntos antes do 14 de novembro.

MODELO DE ALEGACIÓN ELABORADO POLO BNG
SETE ASPECTOS A TER EN CONTA RESPECTO DOS IMPACTOS DO PROXECTO:

1. O procedemento de avalición, na parte que toca á participación pública, presenta unha eiva fundamental: a documentación sobre o proxecto que debía acompañar ao anuncio no DOG do pasado venres 3 de outubro NON ESTABA ESE DÍA NIN ESTIVO NAS DÚAS SEMANAS SEGUINTES -estas alegacións redactáronse o venres día 24- a disposición pública na páxina web da consellería, polo que o dereito cidadán á participación no procedemento vese restrinxido.

(Desde a plataforma Stop Eólicos A Limia Xurés Celanova rexistramos o 10 de outubro -unha semana despois da publicación do DOG- un escrito dirixido á Dirección Xeral de Calidade Ambiental solicitando unha ampliación do prazo e unha explicación pública das razóns que impediron pór a disposición do público a documentación.)

2. O Estudo de Dispersión de cheiros é insuficiente. Emprega valores de referencia alleos e hipóteses xenéricas sen medicións locais. Solicítase unha nova modelización con medicións locais UNE-EN 13725 e escenarios de fallo, ademais de límites de inmisión vinculantes. Tamén se solicita que a empresa encargada de realizar as simulacións e medidas acredite que está autorizada pola ENAC (Entidade Nacional de Acreditación) para realizar mostras e análises mediante olfatometría dinámica.

3. O proxecto sitúa a planta en parcelas lindeiras coa Rede Natura, admite o risco para a avifauna de balsas a ceo aberto, así como dos cheiros e ruídos. Tanto o gasoduto como a liña eléctrica atravesan a ZEPA A Limia (ES0000436). As medidas propostas son xenéricas e non inclúen zonas tampón nin restricións temporais. A avaliación conforme o art. 6.3 da Directiva Hábitats é insufiicente e non se establece exclusión ningunha de obras en períodos reprodutores.

4. O proxecto prevé tratar 166.000 t/ano de residuos, pero non xustifica a dispoñibilidade real de materia prima dixestable.

5. Existen vivendas a menos de 1.200 metros das parcelas sobre as que se proxecta a planta. O EsIA non atende á proximidade de núcleos de poboación. Non ten en conta a presenza de asentamentos poboacionais nin as zonas de tránsito.

6. A respecto dos impactos sobre augas e solo polo risco de derrames e drenaxe, o proxecto non prevé escenarios accidentais nin a dobre impermeabilización de balsas nin o control de estanquidade nin un plan de emerxencia con recursos locais. Tampouco é preciso no método e captación para abastecer de auga o complexo fabril. A localización das balsas de dixestato, e boa parte da planta está sobre un Ecosistema Dependente de Auga sobterránea (EDAS); é dicir, este sisteme é imprescindíbel para existencia, función e mantemento da biodiversidade. A alteración da disponibilidade ou calidade da auga pode levar a cambios significativos ou incluso á degradación irreversible do ecosistema. Non se atopa no documento EsIA ninguna referencia á protección deste EDAS.

7. O Estudo afirma expresamente que o ámbito do proxecto “non é coincidente con ningunha zona vulnerable por contaminación por nitratos”. Porén, desde febreiro de 2025 estase a tramitar en Galicia a declaración de novas ZVN, incluíndo A Limia, e en xullo de 2025 abriuse consulta pública dun anteproxecto de decreto que regula tal declaración. A día de hoxe non existe declaración autonómica firme publicada no DOG, pero o risco por contaminación difusa por nitratos na conca do Limia é público e notorio. O proxecto elude o principio de precaución e no avalía a situación actual nin considera a inminencia regulatoria.

A instalación proxectada (arriba, liñas negras) no contexto das áreas ZEPA da Limia.
Outros casos no Estado

STOP Planta Biometano Mengibar
https://www.facebook.com/profile.php?id=61579453012815

STOP Biogas Andujar
https://www.facebook.com/profile.php?id=61580616481813

STOP Biometano en Llanos
https://www.facebook.com/profile.php?id=61581734154551

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario