INICIAMOS UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALEGACIÓNS CONTRA os proxectos do expediente PEol-913 AC, que inclúe Parque Eólico Agratrina, Parque Eólico Agromaces, Parque Eólico Sistesas, Parque Eólico Ventoburgo e Parque Eólico Xestiloi, así como a súa infraestrutura de evacuación -incluídas as subestacións Carqueixa e Concentradora Agraprado- que desembocan na subestación do encoro de Castrelo do Miño, e afectan aos concellos de San Cristovo de Cea, Vilamarín, Piñor, O Carballiño, O Irixo, Boborás, Beariz, Leiro, San Amaro, Cenlle, Ribadavia e Castrelo de Miño (Ourense), Forcarei, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Silleda e Rodeiro (Pontevedra), Chantada e Carballedo (Lugo).
INSTRUCCIÓNS
DESGARGA alegacións contra os proxectos:
– PE Agratrina: (pdf) https://xurescelanova.fala.gal/wp-content/uploads/sites/236/2025/06/B.-AGRATINA-exprSs.pdf
– PE Agromaces: (pdf) https://xurescelanova.fala.gal/wp-content/uploads/sites/236/2025/06/A.-Agromaces-expreSsa.pdf
– Subestacións Carqueixa e Agraprado: (pdf) https://xurescelanova.fala.gal/wp-content/uploads/sites/236/2025/06/C.-Alegacion-exprss-Subestacions.pdf
A SEGUIR
O prazo está aberto até o 9 de xullo.
Descarga o modelo e completa os teus datos.
Despois, rexistrao no teu concello ou no rexistro de calquera Administración pública.
Se tes sinatura electrónica podes rexistralo na Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso
Aquí tes tres modelos para alegacións exprés (1 folla):
IMPACTOS

No caso dos PE Agratrina (56,24 MW) e PE Agromaces (60,67 MW), en territorio de de Carballedo, Chantada, Rodeiro, San Cristovo de Cea e Vilamarín, trátase dun conxunto que inclúe 30 aeroxeneradores de até 220 metros de altura total. Ademais das subestacións Carqueixa e Concentradora de Agrapando, parte da infraestrutura de evacuación con LAT de 3,6 quilómetros e 14 apoios, e outra LAT até a SE Colectora Agroventosas de 29 quilómetros e 87 apoios.
REDE NATURA
Os proxectos de macropolígonos, con 30 aeroxeneradores en total, ficarían entre 2 ZEC separadas por 3 quilómetros: ZEC PENA VEIDOSA e ZEC MONTE FARO. Os eólicos producirían efecto barreira en dous corredores potenciais. Até 26 aeros dos parques están proxectados sobre a Reserva de la Biosfera Ribeira Sacra, Oribio e Courel.
AUGAS
O río Asma, afluente do Miño tería 2 aeroxeneradores a 115 e 170 metros). Outros 5 estarían en zona de policía de ríos, así como parte da plataforma doutros 4. O río Búbal tería 4 aeroxeneadores a distancias de entre 290 e 390 metros. Habería aeroxeneradores a 85 metros, 105m, 115m, 120m, 130m, 175m e 185m do Bubal e outros afluín tes do Miño. En zona de policía ficarían 1 aeroxenerador e 1 torre de medición.
NÚCLEOS DE POBOACIÓN
Os proxectos PE Agratina e PE Agromaces sitúan aeroxeneradores de máis de 200 metros de altura a
– 284 metros do núcleo de poboación de A Trapela
– 307 metros de O Bosque
– 443 metros de A Lagoa
– 448 de O Porto
– 467 de Revelle
– 592 de O Rañadoiro
– 620 de Agrexán
– 658 e 722 metros de A Martiñá
– menos de 1.000 metros de Pepes, Ludeiro, A Pereira e Poboadura.
INFRAESTRUTURAS DE EVACUACIÓN

En canto ás infraestruturas de evacuación, a Subestación Carqueixa localízase dentro da Zona de Máxima sensibilidade ambiental, non recomendábel para a instalacións eólicas, establecida na Zonificación ambiental del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, afectando de forma severa ao benestar e á saúde de poboacións.
A Subestación Concentradora Agraprado proxéctase a 253,6 metros do Complexo arqueolóxico Mámoas da Pena do Casquete. Produce descontextualización intencional do patrimonio cultural da área. E sitúase a 289 metros do núcleo de O Rañadoiro e a 647,6 metros do de Barrazal, e apenas a 651,6 metros da ZEC PENA VEIDOSA. Afectando de forma severa e irreversíbel á Rede Natura, alén de condicionar a futura ampliación da Rede.
LIGAZÓN A DOCUMENTACIÓN PÚBLICA DA TRAMITACIÓN POLO MITECO:
https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/098c9649ed12fbb4710a2b9629900c8e6d2e0fd9
