Moción do BNG sobre a Declaración do Concello de Xinzo de Limia dentro das zonas vulnerábeis por nitratos:
1. Esixir á Xunta de Galicia que dea a coñecer de inmediato os datos técnicos e as analíticas que producen a declaración de zonas vulnerábeis por nitratos.
2. Requirir á CHMS e a Augas de Galiza os seus informes realizados para a aplicación do Decreto 47/2022.
3. Solicitar á Xunta de Galiza unha Comisión de seguimento entre a Consellería de Medio Rural, concellos afectados, sindicatos, IXP Pataca de Galiza, asociacións de produtores de pataca, asociación Adegal e Universidade Campus da Auga para o seguimento e a redacción do Plan de acción e o seu desenvolvemento nos seguintes catro anos.
4. Solicitar á Xunta de Galiza que o Plan de acción en ningún caso poida derivar responsabilidades, competencias nin ningún tipo de financiamento por parte das entidades locais, sendo asumidas na súa integridade pola Xunta de Galiza.
5. Instar á Xunta de Galiza ao establecemento de medidas de apoio económico, a través de axudas da Consellería de Medio Rural para plans de mellora de explotacións agrarias, que incorporen investimentos de ser precisos para dotar os requisitos ambientais necesarios.
6. Esixir á Xunta de Galiza que dea a coñecer de inmediato o contido completo do Plan Estratéxico da Limia elaborado xa no ano 2021 así como as medidas contempladas nel.
Moción aprobada por unanimidade na pleno do 10/04/2025 co apoio da coalición de goberno (PP e Axil), do PSdeG-PSOE e do BNG.
O pleno completo, na retransmisión en directo do Diario do Limia.
Lectura da moción e debate a partir do minuto 12 e 30 segundos.

