O proxecto de polígono híbrido que inclúe un macroparque eólico con aeroxeradores de 220 metros sobre o Coto Novelle e unha planta fotovoltaica de 16.000 módulos entre A Bouza e Reigoso, unidos por unha LAT duna 5 quilómetros entre as poboacións do Pereiro, A Armada e con cruzamentos con outras liñas de alta tensión da subestación eléctrica de Cartelle, da que a planta fotovoltaica se atopa a menos de un quilómetro de distancia, vai
▪️ concentrar unha nube de tendidos e incrementar a exposición a campos electromagnéticos,
▪️ ademais de ruídos e contaminación acústica,
▪️ provocará a segmentación e fragmentación do territorio,
▪️ eliminará masa vexetal e arbórea, e incidirá nos problemas de erosión do solo,
▪️ levantará barreiras á conectividade ecolóxica,
▪️ e producirá un impacto visual e paisaxístico severo con cambios na configuración da paisaxe e modificación das concas visuais.
A plataforma STOP EÓLICOS A LIMIA XURÉS CELANOVA, en colaboración con outros colectivos e en coordinación con veciñas e veciños da zona afectada pola planta fotovoltaica entre Cartelle e Castrelo de Miño, e co asesoramento de Petón do Lobo, desenvolverá unha CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALEGACIÓNS contra o proxecto, ofrecendo un modelo de alegación para que asine calquera cidadán e se rexistre de forma masiva antes do remate do prazo de exposición pública, o próximo 19 de febreiro.
O modelo de alegación está dispoñíbel aquí en formato PDF (ver abaixo).
A CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALEGACIÓNS contra o proxecto denominado PF Cartelle inclúe puntos de recollida en diferentes localidades das nosas comarcas, que se publicarán tamén nos próximos días e nos que se pode asinar e entregar o escrito de alegacións. É preciso indicar o NOME competo, o número do DNI, e unha dirección postal, incluíndo o Código Postal. E, finalmente, cubrir na parte final do escrito a data e asinar.
O PF Cartelle é unha parte do polígono híbrido que a empresa Aratel, de capital aragonés e madrileño, presenta de maneira fragmentada para poder acollerse á tramitación dos permisos pola vía da Administración autonómica galega. A outra pata do polígono, o denominado Parque Eólico Arnoia -o dos aeroxeradores de 220 metros, os máis alto do país- xa foi contestada polas máis de 1.200 alegación rexistradas pola plataforma STOP EÓLICOS A LIMIA XURÉS CELANOVA até o pasado 16 de xaneiro.
