A Coordinadora Eólica Así Non! anunciou esta semana a convocatoria dunha mobilización descentralizada o domingo, día 26 de xaneiro, coincidindo co Día Mundial da Enerxía Limpa, para denunciar o modelo de espolio enerxético que promove a Xunta de Galiza.
A mobilización celebrarase nas seguintes localidades:
• Cartelle. Concentración na Alameda, ás 12,30 h
• Val do Dubra. Concentración diante do Concello de Bembibre, ás 12h
• Mazaricos. Andaina ata o Castelo de Bradufe. Saída do Alto da Ruña ás 12h
• Ortigueira. Andaina a Pena Ouseira. Saída no Bar A Rodela, ás 11h
• Morrazo. Concentración diante do Concello de Marín, ás 12h
• Pontevedra. Concentración na Praza da Peregrina, ás 13h
• Campo Lameiro. Andaina. Saída na Escola de Couso, ás 16h
• Sarria. Concentración no Cruce de Catro Camiños coa R/ da Liberdade, ás 12h
• Lugo. Concentración diante do concello de Lugo ás 12h. Saída en manifestación ata o Multiusos da Xunta.
En Cartelle, ademais, o mesmo domingo 26, para aquelas que queiran coñecer a área do Coto Novelle ameazada pola infraestrutura, celebrarase unha andaina (dificultade baixa e aproximadamente 2 horas de duración) con saída e chegada en Calvelos -> PUNTO DE QUEDADA ÁS 9:30 HORAS. Despois, os participantes terán tempo de se achegar á concentración de Cartelle.