1.200 alegacións contra os eólicos no Coto Novelle

Este xoves remata o período de alegacións dentro do proceso de exposición pública do macropoxecto eólico no Coto Novelle, nos concellos de Cartelle (Terra de Celanova) e Castrelo de Miño (O Ribeiro).

A plataforma STOP EÓLICOS A LIMIA XURÉS CELANOVA rexistrou máis de 1.200 alegacións recollidas en catro mesas informativas nas feiras de Cartelle, Castrelo, Celanova e Ribadavia, e nos 12 puntos abertos en diferentes localidades das comarcas veciñas. Neste labor contamos coa axuda doutras plataformas, colectivos ambientalistas, sindicatos, bares e tendas sen cuxa colaboración non tería sido posíbel alcanzar este volumen de escritos.

Agora ábrese un período nos que os trámites -a negociación da empresa cos distintos departamentos da Administracións implicados na concesión de permisos- volverán estar ocultos ao públicos. Mais non imos parar as mobilizacións e as campañas informativas contra un proxecto que pretende chantar máquinas xigantes de 220 metros de altura a menos de 1 quilómetro de núcleos de poboación e que producirían impactos moi graves na paisaxe e no medio.

Por riba, a empresa promotora vén de presentar a outra pata do macropoxecto (unha planta fotovoltaica de 16.000 módulos que compartiría infraestruturas co polígono eólico) no que temos denunciado como fragmentación fraudulenta do que é un polígono híbrido.

Antena de medición instalada no Coto Novelle.

1 comentario sobre “1.200 alegacións contra os eólicos no Coto Novelle”

  1. Pingback: Concentración en Cartelle contra a invasión eólica e por unha moratoria – Stop Eólicos Xurés Celanova

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario