Vídeo coas intervencións do Manuel e da Olga na homenaxe a Miguel Ángel Martínez, desde uns penedos no Monte Grande onde se ven as máis altas montañas do Sur de Ourense. Este pasado sábado, 14 de decembro de 2024, na II MARCHA EN DEFENSA DO MONTE GRANDE, contra o proxecto de polígono macroélico PE Cantanarrás, entre os concellos de Bande e Verea.