Alegacións contra o PE Arnoia, antes do 16 de xaneiro

Xa podes alegar contra o proxecto P.E. Arnoia, 7 aeroxeradores de 220 metros de altura entre Sande e o Coto Novelle, en CARTELLE (OURENSE), que ameazan con impactos serveros ao medio, á paisaxe, ao patrimonio e á saúde das veciñas e veciños.

Descarga o modelo de alegación exprés.

Completa a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asina.

Podes preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo de solicitude xenérica PR004A e adxuntando o arquivo coa alegación asinada.

Podes modificar o modelo.

O prazo para presentar alegacións remata o 16 de xaneiro.

Nos próximos días informaremos de puntos de recollida de alegacións en localidades das nosas comarcas.

Explotación gandeira en Sande, entre a Torre e o monte onde se proxecta o polígono, coa antena de medición.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario