Comeza a actvidade de outono

Despois da primeira batalla contra a ameaza mineira na Limia e na comarca de Monterrei durante o pasado verán, retomamos as actividades dentro do ciclo OS MESES DO LAROUCO para continuar poñendo en valor a Serra do Larouco e o Val do Salas, que continúan baixo a presión da industria extractiva con plans para a ampliación da LAT que conecta o polígono eólico do Larouco coa rede.

O domingo 27 de outubro xuntarémonos coas amigas e amigas de Baltar na ruta micolóxica que están a organizar na contorna da vila e que tamén servirá para presentar a reforma que acometeron no Teleclub, un novo centro social para a zona.

Ademais, continúa a trámite no MITECO o macropolígono denonminado Clúster A Limia, sobre o que mantemos a atención e continuamos a recoller apoios nos concellos afectados e entre representantes políticos.

Nas últimas semanas tivemos noticia de que na área de aproveitamento eólico do Vieiro (que afecta Bande, Verea, Rairiz de Veiga e Celanova) onde a Administración xa rexeitou dous macropolígonos no Monte da Neve e no Monte Grande, volven os especuladores a tentar a concellos e comunidades de montes.

A plataforma STOP EÓLICOS A LIMIA XURÉS CELANOVA, constituída xa como asociación sen ánimo de lucro, convoca asemblea aberta en Xinzo para o sábado 26 de outubro.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario