Máis de mil alegacións contra o proxecto de minaría a ceo aberto Novo Frixo, na Limia

STOP EÓLICOS A LIMIA XURÉS CELANOVA e o MOVEMENTO ECOLOXISTA DA LIMIA, en colaboración coa plataforma MINA NOVO FRIXO NON, conformada por veciñanza de Cualedro, Laza e Sarreaus, rexistrou este luns 380 alegacións contra os permisos de investigación ao proxecto Novo Frixo, de minaría a ceo aberto, que afecta a estes tres concellos limianos.

A plataforma MINA NOVO FRIXO indicou que terá rexistradas aproximadamente outras 700 alegacións ao proxecto durante o traballo de información á veciñanza realizado nas dúas últimas semanas na Limia.

O prazo de exposición pública nesta fase do procedemento rematou hoxe, e agora a Administración deberá atender e responder as alegacións presentadas pola veciñanza, concellos e outras entidades e colectivos ecoloxistas.

Tamén rematou o prazo para alegar contra os outros dous proxectos: Novo Cima, que afecta a Verín e Vilardevós, e Novo Arboim, que afecta a Oímbra. Desde a Plataforma comarcas Limia-Verín NON AS MINAS, na que nos estamos a agrupar os diversos colectivos veciñais e ambientalistas, sinalan a cifra de 1.000 alegacións contra cada un destes proxectos. Polo que a resposta veciñal en apenas dúas semanas de campaña de información e recollida de alegacións ten sido notábel.

Alegacións no Rexistro da Xunta en Ourense este luns, 22 de xullo.

Impacto en prensa

𝗟𝗔 𝗥𝗘𝗚𝗜𝗢́𝗡, en papel

📌 𝗙𝗔𝗥𝗢 𝗗𝗘 𝗩𝗜𝗚𝗢
https://www.farodevigo.es/ourense/2024/07/23/vecinos-tres-concellos-limianos-envian-105963583.html

📌 𝗗𝗘𝗡𝗗𝗘 𝗔 𝗟𝗜𝗠𝗜𝗔
https://www.dendealimia.com/texto-diario/mostrar/4938123/mais-mil-alegacions-contra-proxecto-minaria-ceo-aberto-novo-frixo-na-limia

📌 𝗡𝗢́𝗦 𝗗𝗜𝗔𝗥𝗜𝗢
https://www.nosdiario.gal/articulo/social/mais-1000-alegacion-proxecto-minaria-ceo-aberto-novo-frixo-limia/20240722133523202928.html

📌 𝗔𝘅𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 𝗣𝗿𝗲𝘀𝘀
https://www.galiciapress.es/articulo/empresas/2024-07-22/4937899-millar-rubricas-oponerse-proyecto-minero-novo-frixo-lima

📌 𝗧𝗘𝗥𝗖𝗘𝗥𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡
https://www.tercerainformacion.es/articulo/galicia/22/07/2024/mais-de-mil-alegacions-contra-o-proxecto-de-minaria-a-ceo-aberto-novo-frixo-na-limia/

LA VOZ DE GALICIA. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/sarreaus/2024/07/22/piden-permiso-buscar-cuatro-minerales-limia-monterrei-litio-wolframio/00031721670721511152210.htm

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario