Recollidas 200 alegacións contra o proxecto Novo Frixo durante a feira de Xinzo de Limia

STOP EÓLICOS A LIMIA XURÉS CELANOVA e o MOVEMENTO ECOLOXISTA DA LIMIA sumáronse á veciñanza que se está empezando a organizar contra o proxecto Novo Frixo, MINA NOVO FRIXO NON, cunha campaña de información e participación pública sobre os proxectos de minaría que afectarán á Limia e Monterrei.

Este sábado, durante a feira de Xinzo, nunha mesa informativa recolléronse preto de 200 alegacións contra Novo Frixo e distribuíronse outras tantas. O prazo para o rexistro de alegacións remata o luns 22. A campaña nos puntos de recollida darase por rematada o día anterior, domingo 21, para poder levar a cabo o rexistro de todas as alegacións dentro do prazo.

Os puntos de recollida habituais están activos en Xinzo, Allariz, Ourense, Bande e, nos próximos días, tamén en Vilar de Santos. Sumáronse puntos de recollida en Sarreaus e Cualedro. O obxectivo é mostrar o rexeitamento social a este tipo de explotación industrial tremendamente agresiva contra o territorio. Pódense consultar nas redes sociais e na web xurescelanova.fala.gal

Nas comarcas da Limia e Monterrei constiuíse unha plataforma: Plataforma comarcas Limia – Verín Non ás Minas para coordinar as accións. Nos concellos de Verín, Vilardevós, Laza e Oímbra tamén hai puntos de recollida de alegacións, e os gobernos locais está a colaborar activamente, como os de Sarreaus e Cualedro na campaña de información.

En Facebook: Plataforma comarcas Limia – Verín Non ás Minas

Nos próximos días, as plataformas informarán doutras accións e porán á disposición da veciñanza os documentos presentados pola promotora para iniciar os proxectos que ameazan un amplo territorio nos concellos de Sarreaus, Laza e Cualedro, na Limia; así como de Verín, Vilardevós e Oímbra, na comarca veciña de Monterrei.

ALEGACIÓNS EXPRÉS (para rexistro antes do 22 de xullo) e puntos de recollida nas nosas comarcas:

GALERÍA DE IMAXES DA XORNADA DE FEIRA EN XINZO:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario