O DOMINGO 12 DE MAIO levaremos a cabo un roteiro interpretado desde Rubiás a Paradela (Calvos de Randín), cuxo obxectivo será dar a coñecer a flora e a fauna da zona.
Atoparémonos na gasolineira Antela en Xinzo ás 10,00 e o roteiro dará comezo ás 11,00 desde a Igrexa de Rubiás (Calvos de Randín).
A distancia do roteiro será de 4km ida e volta. Comeremos de campo, e lembra: as mascotas quedan na casa.
Inscrición e máis información en: amigasdascegonas@gmail.com
A subscrición é de 5 euros. Non pagan: socias/os de Amigas dás Cegoñas e nenas/os de 12 anos ou menores.
Esta actividade está enmarcada no ciclio OS MESES DO LAROUCO de actividades para a posta en valor da contorna natural, paisaxística, histórica e cultural da serra e do Val do Salas, que xorde da iniciativa de veciñas e colectivos.
No Facebook
https://www.facebook.com/stopeolicosxurescelanova/posts/pfbid02f52FGJUCJq7PheWMngF4SkSQpzdBk6S9cDiCKQHS9femLRaKadYmQGLtVC5DcBBPl
No Instagram
https://www.instagram.com/p/C50EA5rNvS_/?igsh=Z3ZlZm5hd2JiZ2g%3D&img_index=1