𝗔𝗟𝗘𝗚𝗔 𝗘 𝗗𝗜𝗙𝗨𝗡𝗗𝗘. 𝗘𝗺𝗽𝗲𝘇𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗮 𝗱𝗶𝘀𝘁𝗿𝗶𝗯𝘂𝗶́𝗿 𝗮𝘀 𝗮𝗹𝗲𝗴𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗮 𝗮 𝗶𝗻𝘀𝘁𝗮𝗹𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗼 𝗺𝗮𝗰𝗿𝗼𝗽𝗼𝗹𝗶́𝗴𝗼𝗻𝗼 𝗔𝘃𝗼𝗰𝗲𝘁𝗮 𝗪𝗶𝗻𝗱 𝗲 𝗮 𝗟𝗔𝗧 𝗱𝗲 𝟮𝟳 𝗾𝘂𝗶𝗹𝗼́𝗺𝗲𝘁𝗿𝗼𝘀 𝗮𝘁𝗲́ 𝗩𝗲𝗹𝗹𝗲, 𝗾𝘂𝗲 𝗮𝗳𝗲𝗰𝘁𝗮 𝗮𝗼𝘀 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗖𝗮𝗿𝗯𝗮𝗹𝗹𝗲𝗱𝗼 (𝗟𝘂𝗴𝗼) 𝗲 𝗦𝗮𝗻 𝗖𝗿𝗶𝘀𝘁𝗼𝘃𝗼 𝗱𝗲 𝗖𝗲𝗮, 𝗩𝗶𝗹𝗮𝗺𝗮𝗿𝗶́𝗻, 𝗖𝗼𝗹𝗲𝘀, 𝗢 𝗣𝗲𝗿𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗔𝗴𝘂𝗶𝗮𝗿 𝗲 𝗢𝘂𝗿𝗲𝗻𝘀𝗲 (𝗢𝘂𝗿𝗲𝗻𝘀𝗲).
⚠️ O proxecto industrial eólico prevé a instalación de 8 aeroxeradores de 200 metros de altura á beira da REDE NATURA.
❌ O macropolígono afecta a espazos catalogados e áreas de especial interese paisaxístico: Monte Faro, Mosteiro de Oseira e Ribeira Sacra, así como á Rede de Miradoiros (Alto da Serra Martiñá, San Facundo, Pena de Francia, Cabo do Mundo, Miradoiro da Cova).
❌ O impacto da Liña de Alta Tensión de 27 quilómetros é incompatíbel coa vía histórico-cultural do Camiño de Santiago – Vía da Prata.
⚠️ As infraestruturas do polígono e LAT invaden, e así o recoñece o Estudo de Impacto sobre o patrimonio cultural, ás áreas de protección do CASTRO DE BAÍNTE, do CONXUNTO DE BELQUIRIME e do TÚMULO DE OS CHAOS, e ten afectación severa o PETROGLIFO DE PARADELA e a PONTELLA SOBRE O BARBANTIÑO, entre outros.
❌ O macropolígono tamén suporía unha AFECCIÓN A ESPECIES CATALOGADAS, xa que se sitúa en áreas prioritarias de avifauna ameazada e zonas de protección de avifauna contra liñas eléctricas.
⚠️E ten unha AFECCIÓN SEVERA Á RESERVA DA BIOSFERA RIBEIRA SACRA E SERRAS DO ORIBIO E COUREL. Existe vulneración do principio de non regresión ambiental.
❌ Son 18 os núcleos de poboación que fican dentro da perimetral, espazo no que se cambiaría a cualificación do solo e, automaticamente, as propiedades perderán valor (entre un 30% do seu valor).
⚠️ Prevese unha afección moi severa por parte do proxecto da LAT ás familias que viven, residen e/ou traballan en máis de 60 núcleos poboacionais. Non se fala da afección sobre a calidade de vida dos residentes da contorna das instalacións. Lembrade sempre: ÉXODO POBOACIONAL PARELLO Á INSTALACIÓN DE INDUSTRIAS AGRESIVAS COA ENTORNA E CO MEDIO AMBIENTE.
𝗢 𝗽𝗿𝗮𝘇𝗼 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗽𝗿𝗲𝘀𝗲𝗻𝘁𝗮𝗿 𝗮𝗹𝗲𝗴𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗿𝗲𝗺𝗮𝘁𝗮 𝗼 𝟭 𝗱𝗲 𝗮𝗯𝗿𝗶𝗹 -𝗼 𝗹𝘂𝗻𝘀 𝘀𝗲𝗴𝘂𝗶𝗻𝘁𝗲 𝗮́ 𝘀𝗲𝗺𝗮𝗻𝗮 𝘀𝗮𝗻𝘁𝗮-. 𝗡𝗼𝘀 𝗽𝗿𝗼́𝘅𝗶𝗺𝗼𝘀 𝗱𝗶́𝗮𝘀 𝗶𝗻𝗱𝗶𝗰𝗮𝗿𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗣𝗨𝗡𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗘 𝗥𝗘𝗖𝗢𝗟𝗟𝗜𝗗𝗔.
Nos concellos afectados xa hai veciñanza organizándose a través Asociación Cultural A Truhlada.
Elas foron as que elaboraron as alegación exprés a partir do documento de alegacións de Petón do Lobo.
DOCUMENTO EN PDF DAS ALEGACIÓNS EXPRÉS
Asemblea informativa e Principais impactos das infraestuturas


