Colectivos ambientalistas e plataformas veciñais de cinco comarcas ourensás (A Limia, A Baixa Limia, Terra de Celanova, Terra de Caldelas e Verín), apoiados por asociacións, clubs deportivos e centros sociais das comarcas limiás e celanovesa, coa presenza de veciñas e veciños de Vilar de Barrio e representantes institucionais do BNG e do PSdeG-PSOE, coa participación do alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Conde, como anfitrión, reunímonos (contamos unhas 130 persoas, eses foron os vasos de chocolate que Ana e Cris repartiron) este domingo 10 de decembro, na véspera do Día das Montañas, con algo de chuvia e chocolate quente, para ler un manifesto que di que seguimos na loita contra a invasión eólica, contra especuladores e gobernos especuladores, en apoio da Xustiza do país e das funcionarias e funcionarios do país que, aplicando a lei, están a parar desfeitas ambientais irreversíbeis que só responden ao ánimo de lucro das grandes corporacións que nos dominan pretenden calar, para dicir NON, EólicaAsíNON, e que onde hai pobo non se chantarán nunca estes monstros, e cantamos coplas contra os eólicos e escoitamos a Carme e Maurizio (2naFronteira) cantar e cantamos con eles, tamén o himno do país, e compartimos unha reflexión de Carme que falou desde o fondo, dándolle voz á terra que nos convoca e nos chama a resistir, por ela e por nós.
GALERÍA
EN PRENSA: Mobilización en 6 localidades do país.
Praza Pública
GC
Nós
EP