O 27 de xaneiro Patrimonio Natural rexeitou Lamas II, un mes despois, limitouno a 1 só aeroxerador

O 27 de xaneiro PATRIMONIO NATURAL indica na DIA:

  • Toda a poligonal está incluída dentro dunha das áreas prioritarias para avifauna ameazada e/ou zonas de protección da avifauna contra liñas eléctricas de alta tensión, segundo o establecido na Resolución do 18 de outubro de 2021.
  • Por outra banda, segundo as observacións efectuadas polo Servizo de Patrimonio Natural de Ourense, a poligonal do proxecto, respecto do Plan de recuperación da aguia real (Aquila chrysaetos), está incluída dentro dunha área clasificada como “área de dispersión e potencial”, a menos de 5 km dunha zona clasi¥icada como “zona de presenza e campeo” e a uns 8 km da “área crítica” do Xurés.
  • Continúa facendo referencia ás afeccións do parque eólico Lamas de Feás (proxecto que foi informado de xeito desfavorable no marco da tramitación ambiental do mesmo) a numerosas especies de avifauna con gran capacidade de desprazamento e avaliando os datos sobre avifauna presentes no EsIA do parque eólico Lamas II. Tendo en conta o anterior, estima que o proxecto podería afectar signi¥icativamente a especies de aves protexidas como son Milvus milvus ou as especies do xénero Circus (especialmente Circus pygargus) e á probable nidi¥icación da aguia cobreira no entorno deste parque eólico.
  • O informe conclúe que o proxecto afectaría a unha zona de importantes valores naturais, con presenza de especies ameazadas recollidas no Catálogo galego de especies ameazadas, sendo, polo tanto, incompatible coa preservación dos valores naturais. 𝗣𝗼𝗿 𝗲𝘀𝘁𝗲 𝗺𝗼𝘁𝗶𝘃𝗼, 𝗮 𝗱𝗶𝗿𝗲𝗰𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝘅𝗲𝗿𝗮𝗹 𝗲𝗺𝗶𝘁𝗲 𝗶𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗲 𝗲𝗻 𝘀𝗲𝗻𝘁𝗶𝗱𝗼 𝗱𝗲𝘀𝗳𝗮𝘃𝗼𝗿𝗮𝗯𝗹𝗲.

Un mes despois, o 28 de febreiro, PATRIMONIO NATURAL responde ás alegación efectuadas polo promotor e indica que:

… o proxecto será compatible coa preservación do patrimonio natural e a biodiversidade, 𝘀𝗲𝗺𝗽𝗿𝗲 𝗲 𝗰𝗮𝗻𝗱𝗼 𝘀𝗲 𝗴𝗮𝗿𝗮𝗻𝘁𝗮 𝗼 𝗰𝘂𝗺𝗽𝗿𝗶𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 𝗱𝗮𝘀 𝗺𝗲𝗱𝗶𝗱𝗮𝘀 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗲𝗺𝗽𝗹𝗮𝗱𝗮𝘀 𝗻𝗮 𝗱𝗼𝗰𝘂𝗺𝗲𝗻𝘁𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗮𝗰𝗵𝗲𝗴𝗮𝗱𝗮 𝗲 𝘀𝗲 𝘁𝗲𝗻̃𝗮𝗻 𝗲𝗻 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗮 𝗮𝘀 𝘀𝗲𝗴𝘂𝗶𝗻𝘁𝗲𝘀 𝗰𝗼𝗻𝘀𝗶𝗱𝗲𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀:

(entre elas, estas:)

Eliminaranse os aeroxeradores AE2 e AE3 por incompatibilidade coas aves planadoras que aproveitan o espazo ocupado por ambas as máquinas.
• En ningún momento os hábitats de interese comunitario existentes na contorna, fora da zona das actuacións, poderán verse afectados directamente polos traballos, nin
indirectamente por tarefas asociadas aos mesmos (tránsito de maquinaria, depósito de subprodutos, remoción do solo,…).
• Todas as augas que saian das zonas de instalacións das obras, derivaranse e someteranse a un sistema de desbaste e decantación de sólidos. Así mesmo, todas as augas
procedentes dos formigonados derivaranse e someteranse a un sistema de desbaste e decantación de sólidos, regulación do pH e eliminación de aceites e graxas.
• Durante a realización dos traballos non se producirán arrastres nin enturbamentos das augas continentais susceptibles de ser afectadas. En todo caso, prohíbese calquera tipo
de vertido que poida afectar á calidade das augas continentais. En consecuencia, as augas susceptibles de ser afectadas cumprirán en todo momento (incluso na época de estiaxe),
o preceptuado no artigo 80º sobre calidade mínima esixible ás augas continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da
pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais).
Para os quirópteros:
— Restrinxirase a rotación das pas das turbinas o máis posible por baixo da velocidade de réxime, determinando a velocidade do vento en buxe por baixo da
cal os aeroxeradores permanecerán parados.
Para as aves:
— Implementar tecnoloxías de redución do impacto por colisións como sistemas de detección baseados en vídeo (DtBird ou similar), que son sistemas que traballan de
forma independente para facer un seguimento das aves e mitigar a mortalidade nos emprazamentos de turbinas eólicas. O sistema detecta as aves automaticamente e pode adoptar dúas medidas independentes para mitigar o risco de colisión das aves: activar sons de alerta ou parar a turbina eólica.
— Como medida disuasoria pasiva, o pintado dunha das aspas de cada un dos aeroxeradores.

Na imaxe, os aeros que non se poderían levantar (A2 e A3) e o A1, entre Serois e Pena Loba.

En decaracións a LA REGIÓN, Greenalia xoga ao despiste e di que o proxecto cun só aeroxerador non lle interesa: “Fuentes de la promotora ven oscuro el futuro de este proyecto. La DIA es favorable, pero en la práctica cierra la puerta a desarrollar el parque. “Estamos estudiándola. Pero si no hay modificaciones, obviamente es inviable”, afirman.

https://www.laregion.es/articulo/ourense/parque-eolico-alcoa-queda-solo-molino/202303102121211204794.html

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario