A Xunta pretende sacrificar as nosas montañas para regalarlle a electricidade a Alcoa

Non o imos consentir.

Esta é a cronoloxía actualizada dun espolio perpetrado desde a Xunta e o Consello de Administración de Greenalia:

En outubro do 2017, a Xunta aproba a Lei 5/2017 que provoca un masivo rexeitamento social polo que supón o gran salto para a des-regulación e a desprotección ambiental entregando o territorio á especulación das corporacións extractivas. Beatriz Mato é a conselleira de Medio Ambiente.

En maio de 2020. Greenalia incorpora ao seu Consello de Administración a a 13 macropolígonos para subministro de electricidade a Alcoa e o Grupo Cortizo. A declaración susténtase na Lei de Fomento Iniciativas Empresariais (5/2017), a coñecida como Lei de Depredación de Galiza.

Que supón a declaración a efectos administrativos?

Redúcense á metade os prazos para a tramitación dos proxectos.

Que proxectos de macropolígonos son acelerados?

GREENALIA en Lugo
Monte do Cordal (Friol)
Acevedal (A Pastoriza)
Carballal (A Pastoriza)
Restelo (A Fonsagrada, Baleira, Becerreá e Navia de Suarna)
Monteiro (Baleira, Becerreá e Baralla)
As Louseiras (A Pastoriza e Meira)

GREENALIA na Coruña
Felga (Oza-Cesuras e Aranga)
Gato (Coirós, Oza-Cesuras e Aranga)
Penas Boas (Oza-Cesuras e Aranga)
Coto Muíño (Vimianzo e Zas)

GREENALIA en Ourense
Lamas II (Calvos de Randín, Baltar e Os Blancos)

Alega contra o proxecto Lamas II (ampliación fraudulenta do PE Lamas de Feás)

ENEL en Lugo
Serra do Colmo (en Becerreá e Baralla)

Que pinta un parque do sur de Galiza a 200 quilómetros da planta de Alcoa no norte de Lugo neste negocio?

NADA.

a) É a desculpa para colar pola porta de atrás a Liña de Alta Tensión de 42 quilómetros de Greenalia entre Calvos de Randín e a Frieira (Padrenda), que atravesa ademais Porqueira, Bande, Verea, Celanova, Quintela de Leirado, Pontedeva e Padrenda. É unha liña que atravesa dúas Áreas de Desenvolvemento Eólico nas que a Administración acaba de emitir DIA desfavorábel a tres proxectos: Lamas de Feás (Calvos, Baltar e Os Blancos), Fontesanta (Bande e Verea) e Monte da Neve (Celanova e Verea). É dicir, nestes espazos contemplados no Plan Sectorial Eólico NON se PODEN CHANTAR ESTE TIPO DE INFRAESTRUTURAS.

b) É a desculpa para reactivar esas Áreas de Desenvolvemento Eólico nas que a Administración acaba de dicir que NON se PODEN CHANTAR ESTE TIPO DE INFRAESTRUTURAS.

Pódese declarar inviábel o proxecto PE Lamas de Feás en xaneiro, e en marzo recortar os prazos do proxecto PE Lamas II?

É o que acaba de facer a Xunta. Por un lado, di que por valores medio ambientais é inviábel Lamas de Feás; e, polo outro, mantén a tramitación de Lamas II, o mesmo proxecto, fragmentado de modo fraudulento, e no que se indica que NON ten liña de evacuación propia NIN sequera subestación propia, que as comparte con Lamas de Feás.

Que interese social ten o proxecto?

Para as veciñas e veciños de Calvos de Randín, Os Blancos e Baltar, NINGÚN. Así o manifestaron presentando máis de 2.500 alegacións contra os proxectos Lamas de Feás e Lamas II, entendendo que son un único macropolígono que terían impactos moi graves no medio natural, na saúde das persoas, no patrimonio e na paisaxe.

Para as veciñas e veciños das comarcas da Limia, Baixa Limia e Terra de Celanova, NINGÚN. Xa que ademais das afeccións do macropolígono, están os impactos directos sobre o territorio de 8 concellos da infraestrutura de evacuación asociada, a LAT de Greenalia.

O único interese do proxecto é o lucro empresarial dunha compañía que traballa para o beneficio dos seus accionistas.

Para o Partido Popular, que perpetrou en solitario a Lei 5/2017, tamén ten un interese concreto e público: abrir unha porta ao futuro laboral de altos cargos políticos dos sucesivos gobernos.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *