Greenalia promove a ampliación do macropolígono eólico Lamas de Feás, contra os que se presentaron máis de 1.500 alegacións nos concellos de Baltar, Calvos de Randín e Os Blancos, cun novo proxecto, denominado Lamas II, que agora enclava sobre Pena Loba, con impactos graves sobre as aldeas dos Blancos, singularmente sobre COVAS, onde a veciñanza se manifestou en contra do polígono.
A veciñanza da Limia di EÓLICA ASÍ NON un proxecto tras outros. Mais apenas algunha alcaldesa escoita, os demais fan que non oen.
Greenalia, denunciada nos tribunais por ter incumprido os compromisos adquiridos coa compra dos dereitos de desenvolvemento de macrocentrais eólicas, pretende impoñer 3 aeroxeradores Siemens Gamesa de 5 MW de potencia unitaria, cunha altura de buxa de 127,5 metros e diámetro de rotor de 145 metros; é dicir aeroxeradores de 200 metros de alto, cos seus correspondentes centros de transformación, pistas e gabias, e unha rede eléctrica soterrada a 30 kV de interconexión en serie entre aeroxeradores e un centro de seccionamento, sen incluír no proxecto nin subestación nin liña de evacuación, asociadas estas ao proxecto Lamas de Feás.