Alegación exprés e mesas informativas contra o complexo Mistral-Tramontana

Podes descargar aquí os primeiros modelos de alegacións contra o complexo Mistral-Tramontana: o modelo reducido (exprés), que se pon tamén a disposición da veciñanza nas mesas informativas que se habilitarán en Xinzo, Celanova e Bande a partir deste luns 14 de novembro en días de feira, e o modelo amplo (elaborado por PETÓN DO LOBO) e que se irá actualizando durante as próximas semanas coas achegas de diferentes colectivos (parapente, apicultores…).

Estes son os dous documentos de alegacións exprés, un por cada un dos proxectos (Mistral e Tramontana) que se presentan por separado e obrigan a alegacións por separado.

  1. ALEGACIÓNS exprés 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐚 𝐨 𝐩𝐫𝐨𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨 𝐏𝐄 𝐓𝐫𝐚𝐦𝐨𝐧𝐭𝐚𝐧𝐚, fragmentación do complexo Mistral-Tramontana, que agocha a ampliación do polígono eólico de Iberdrola para ocupar toda a Serra do Larouco.

2. ALEGACIÓNS exprés 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐚 𝐨 𝐩𝐫𝐨𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨 𝐏𝐄 𝐌𝐢𝐬𝐭𝐫𝐚𝐥, fragmentación do complexo Mistral-Tramontana, que agocha a ampliación do polígono eólico de Iberdrola para ocupar toda a Serra do Larouco.

Podes descargalo, completar os datos no cabeceiro e asinalo, e finalmente rexistralo.

Como rexistrar?

▪️ Podes rexistrar cada alegación no presentándo no Rexistro de calquera Administración.

▪️ Tamén podes rexitrala telemáticamente no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do (Administración estatal) ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ , a través do modelo PR004A e anexando o arquivo coa alegación asinada.

▪️ Tamén podes entregala en calquera dos puntos de recollida (dos que iremos informando esta semana) ou mesas informativas e será rexistrada por STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA.

MESAS INFORMATIVAS E PUNTOS DE RECOLLIDA

A plataforma STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA instalará mesas informativas para asinar e recoller alegacións nas feiras de Xinzo (14 e 26 de novembro), de Celanova (17 de novembro e 1 de decembro) e no mercado do Xurés en Bande (4 de decembro).

Ademais, activaranse puntos de recollida habituais (como a Arca da Noe, en Vilar de Santos, o Ítaca en Xinzo), e outros novos en Baltar, A Boullosa e outras localidades como Calvos e Celanova, afectadas pola ameaza eólica dos que informaremos durante esta semana.

AS ALEGACIÓN AMPLAS

Estes son as alegacións elaboradas pola asociación ecoloxista PETÓN DO LOBO, modelos amplos (un para cada un dos proxectos) e que se irán actualizando nas próximas semanas, antes do remate do prazo para presentar alegacións o próximo 15 de decembro, coas achegas de diferentes colectivos.

Podes descargalas, completalas e seguir o mesmo procedemento de rexistro indicado arriba.

3. ALEGACIÓNS amplas contra PE Mistral.

4. ALEGACIÓNS amplas contra PE Tramontana.

Castro da Boullosa, que fica dentro do perímtero proxectado para o PE Mistral, en Baltar (Ourense).

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario