Descarga e comparte o modelo de alegación express ao PE Lamas de Feás

Este é un modelo de alegacións elaborado por STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA en base ao modelo amplo presentado por PETÓN DO LOBO, e do que xa rexistramos 3 copias a semana pasada nos concellos afectados: Baltar, Os Blancos e Calvos de Randín.

Descarga, asina e rexistra (podes facelo en calquera rexistro da Administración Pública). O prazo de alegacións remata o xoves 2 de xuño.

Estas son as nosas alegacións ao Acordo do 24 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do parque eólico Lamas de Feás, situado nos concellos de Baltar, Os Blancos e Calvos de Randín, na provincia de Ourense (expediente IN661A 2011/05-3 AT), DOG Núm. 74, de 19 de abril de 2022.

NOS PRÓXIMOS DÍAS INDICAREMOS PUNTOS DE RECOLLIDA DE ALEGACIÓNS E DATAS E HORAS DAS MESAS DE RECOLLIDA DE ALEGACIÓNS QUE ESTAMOS A ORGANIZAR.

Hai que paralos! Colabora, difunde.

Nesta ligazón imos colgando tamén toda a documentación referida a este proxecto:

Greenalia vs. Baltar-Calvos-Os Blancos

3 comentarios sobre “Descarga e comparte o modelo de alegación express ao PE Lamas de Feás”

  1. Pingback: Recollidas máis de 300 alegacións en Baltar, Calvos e Os Blancos contra o proxecto de polígono eólico – Stop Eólicos Xurés Celanova

  2. Pingback: Recollidas en 15 días máis de 300 alegacións contra o proxecto Lamas de Feás, de Greenalia. - BadalNovas

  3. Pingback: Recollidas en 15 días máis de 300 alegacións en Baltar, Calvos e Os Blancos contra o proxecto de polígono eólico - 21 Noticias

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario