Nun comunicado difundido esta semana, os autores do informe din: «Co único ánimo de poñer en común posibles casos de fragmentación fraudulenta recollemos neste documento o resultado dos derradeiros seis meses denseguimento que desde a Rede Galega STOP EÓLICOS vimos facendo das distintas “fontes oficiais”: BOE, DOG, REG, CMATV…»
Entre os casos de fraude na tramitación citan o do P.E. San Martiño (Baltar), proxecto contra o que STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA rexistrou máis de 40 alegacións o pasado 7 de decembro no Concello de Baltar. A respecto deste caso, o informe sinala:
«25/10/21. Hoxe no DOG: Parque eólico SAN MARTIÑO (Baltar). 4 aerox. de 4,5MW (Total 18MW) de 180m de altura total (poste 107,5m, diámetro 145m e pas de 71m). Superpoñendo poligonais e mesturando elementos co PE MISTRAL que evacuará conxuntamente co PE TRAMONTANA… Reparade na “comparativa” entre os Mapas REG (Rexistro Eólico de Galicia) anterior e posterior aos cambios do pasado 30 de setembro. Son pequenas “MODIFICACIÓNS NON SUBSTANCIAIS” Todo moi “natural”.»
Os cambios no Rexistro Eólico volveron a producirse a finais de ano. Polo menos desde o 1 de xaneiro de 2022, o P.E. Mistral e o P.E. Tramontana foron desprazados cara o leste. STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA denunciouno.
Ler nova en La Región do pasado 19 de xaneiro:
«La plataforma Stop Eólicos Xurés manifestó ayer su preocupación por el cambio en el mapa eólico de dos parques –Mistral y Tramontana, del mismo nombre que las empresas promotoras- que, inicialmente iban superpuestos al Parque Eólico San Martiño, en A Boullosa (Baltar). La nueva ubicación del Tramontana, siempre según la plataforma, sería a continuación de la línea de aerogeneradores que desde hace varios lustros se extiende por la Serra do Larouco. Es decir, ocho molinos de 151 metros de altitud -casi el doble de los actuales, de 83 metros- seguirían el parque de 49 molinos propiedad de la empresa Iberdrola en dicha sierra. “O novo enclave de Tramontana constitúe, na práctica, unha ampliación da central de Iberdrola no Larouco. A nova central aparece nunha área de aproveitamento eólico distinta, pero as áreas son lindeiras”, dicen desde Stop Eólicos Xurés, que advierte que dicha central ocuparía terrenos de la Comunidad de Montes Veciñais en Man Común de Boullosa y de la de Baltar.»