Máis de 100.000 vivendas quedarían dentro das superficies dos parques eólicos

De levarse a cabo todos os proxectos de parques eólicos actualmente en tramitación na nosa comunidade, Galicia contaría cun total de 8.237 aeroxeradores, dos cales 4.026 están xa construidos. Un total de 106.878 vivendas quedarían dentro da superficie destes polígonos das cales 13.122 estarían a menos de 500 metros dun aeroxerador.

Estes son só algúns dos datos que reflicte o informe Macroeólicos Galicia, elaborado polo grupo de mapas de Monfero di Non, no que se analiza o impacto que os parques eólicos, tanto construidos como proxectados, teñen no territorio.

Deste informe despréndese tamén que o 12.17 % da superficie do Camiño de Santiago, un total de 9.390 hectaréas, quedarían dentro destes polígonos industriais. Ademáis, o 21,73 % do Camiño, un total de de16.766 hectáreas, estaría a menos de 2 quilómetros dun aeroxerador, co impacto visual e paisaxístico que esto acarrexaría. Algúns dos máis afectados serían o Camiño Inglés, no tramo de Ordes a Carral e o Camiño Francés de Sarria a Portomarín.

Patrimonio cultural

O estudo Macroeólicos Galicia analiza tamén o impacto sobre o patrimonio cultural. Hai 38 elementos BIC catalogados que quedan dentro destes polígonos: o Mosteiro de Monfero, o Mosteiro de Caaveiro, o Castro de Borneiro, o Castelo de Moeche, o Castelo de Naraío, ou Dolmen de Pedra Mouro son tan só algúns dos afectados. Ademáis, 169 elementos BIC quedarían a menos de 2 quilométros dos parques eólicos, entre eles, o Castelo de San Felipe, o barrio de Ferrol Vello, o dolmen de Dombante, o Convento de San Francisco en Hervón ou o casco vello de Corcubión.

Patrimonio ambiental

No aspecto medioambiental, o 8,7% do conxunto da Rede Natura 2000 queda dentro de polígonos eólicos, con 2.522 aeroxeradores, mentres que o 29,6 % estaría a unha distancia menor de 2 quilómetros. Neste senso é importante salientar que a superficie protexida pola Rede Natura en Galicia é dun 11,74 %, a máis pequena de tódalas comunidades autónomas polo que a Unión Europea leva reclamando dende hai anos a súa ampliación. Con estes proxectos, lonxe de ampliala os gobernos deixan aínda máis desprotexida unha zona xa de por sí vulnerable.

No que atinxe ás reservas da biosfera, tres das seis que hai en toda Galicia quedarían especialmente afectadas, segundo os datos deste informe. Unha das máis perxudidacas é a das Mariñas e Terras do Mandeo, na provincia da Coruña, xunto coa de Terras do Miño, en Lugo e a do Río Eo , Oscos e Terras do Burón, tamén en Lugo. En total o 25,6% da superficie das reservas da biosfera estarían dentro de polígonos industriais. No que respecta aos parques naturais, 1.316 hectáreas da súa superficie quedan dentro de polígonos eólicos. Dos seis parques naturais que hai en Galicia, o parque natural Fragas do Eume é o máis afectado con dous polígono proxectados sobre a súa superficie: Taboada e Pena do Corvo. O parque natural do Xurés, a 300 metrso dun polígono sería outro dos máis perxudicados seguido polo do Invernadeiro que quedaría a catro quilómetros.

Patrimonio Demográfico

Do informe despréndese tamén o gran impacto que os parques eólicos teñen nos núcleos de poboación con menor número de habitantes. Segundo confirma o estudo, o 81,44 % dos parques construídos e proxectados en Galicia ubícanse en concellos de menos de 5.000 habitantes, Esto supón unha clara contradicción coa políticas de despoboación do reto demográfico. O mesmo ocurre no sector turísitico: 35 aloxamentos de turismo quedan dentro de polígonos eólicos e 164 a menos de 2 quilómetros. A instalación de aeroxeradores no entorno destes negocios conlevaría un perxuizo irreversible, para un sector que agora mesmo está en pleno auxe.

D O C U M E N T O

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario