A mesa informativa do sábado en Celanova: na PRAZA DO MILLO

A plataforma STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA instalará en Celanova un 𝚙𝚞𝚗𝚝𝚘 𝚒𝚗𝚏𝚘𝚛𝚖𝚊𝚝𝚒𝚟𝚘 este sábado, día 15 de xaneiro, entre as 19:30 e as 21:30 horas. Será na praza do Millo, diante da taberna do Galo. Ademais de difundir entre a veciñanza información sobre o proxecto alemá de construír unha central eólica no Monte da Neve, a mesa servirá para recoller alegacións contra os documentos presentados pola empresa Bay Wa o pasado 10 de decembro. O prazo para o rexistro de alegacións remata dentro de dúas semanas. A plataforma distribuirá un modelo de alegacións resumido que a veciñanza pode asinar e entregar na mesma mesa.

O día de Reis, o xoves 6 de xaneiro, a plataforma recolleu case un cento de alegacións contra este proxecto que afecta a Celanova e Verea, e tamén contra o proxecto de Liña de Alta Tensión (LAT) que afecta aos concellos de Baltar e Xinzo de Limia, coñecido como LAT do Larouco.

Recollida de sinaturas na praza Maior de Celanova o xoves da semana pasada, 6 de xaneiro.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario