Alega xa ao plan alemán contra o Monte da Neve

Stop Eólicos Xurés Celanova instala este xoves unha mesa informativa na praza Maior de Celanova na que se poderán asinar alegacións contra o proxecto alemán para instalar unha central eólica de 7 aeroxeradores de 180 metros de altura na contorna do Monte da Neve e os Pozos da Lagoa entre Celanova e Verea.

Abaixo dispós de dous modelos de aleacións, un resumido (alegacións exprés) e outro elaborado pola asociación ecoloxista Petón do Lobo para responder de maneira inmediata á ameaza.

Elixe un dos escritos.
Completa a cabeceira cos teus datos e asina na última folla.
Podes presentalo en calquera Rexistro de calquera Administració pública (o prazo remata o 25 de xaneiro).
Con sinatura electrónica, podes presentalo no rexistro dá Administración estata: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso
…ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/

O momento de nos mover é AGORA.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario