“Resistencia fronte á invasión eólica en Ourense”
Palestra na Galleira (praza de San Cosme) o venres 3 de decembro ás oito da tarde.
Interveñen Amigas das Árbores, Stop Eólicos Xurés-Celanova e Salvemos O Támega-Adega Monterrei.

MESA INFORMATIVA EN BANDE
Con ocasión da celebración mensual do Mercado do Xurés, a plataforma Stop Eólicos Xurés-Celanova disporá unha Mesa Informativa sobre os impactos dos proxectos de centrais eólicas no Monte Grande, en Bande, no Monte da Neve, entre Celanova e Verea, e sobre a de San Martiño, en Baltar.
Tamén se recollerán sinaturas para presentar alegacións contra o proxecto de San Martiño, impulsado por Iberdrola.