Máis de 500 galegos e galegas piden en Madrid un desenvolvemento sostible de produción enerxética

Máis de 500 persoas de 16 asociacións sumáronse á convocatoria da plataforma estatal Aliente.org en representación de miles de habitantes do rural galego para protestar contra a construción masiva de parques eólicos que ameaza o medio ambiente e a forma de vida das persoas. Entre os asistentes galegos chegados en autobuses organizados e polos seus propios medios estaban o director de cine Oliver Laxe ou o escritor Manolo Rivas.

Na mobilización, co respaldo de preto de 180 asociacións e colectivos de todo o país, Aliente entregou a deputados e senadores de distintas forzas políticas un manifesto subscrito por 270 científicos, académicos e expertos de toda España. Dito documento reclama que a planificación estatal e das Comunidades Autónomas sexa enerxética ecolóxica, sostible e xusta, suxerindo liñas de actuación e sinalando a ameaza que supón o actual modelo de desenvolvemento. Os representantes alí presentes de PSOE, Unidas Podemos, Compromís, CUP, Grupo Mixto, Teruel Existe e Grupo Plural-Más País, comprometéronse a cursar dita demanda por rexistro no Congreso dos Deputados.

Galiza é unha das Comunidades Autónomas onde a especulación eólica é máis grave con centos de proxectos de macroparques con aeroxeradores de 200 metros de altura, provocando danos irreparables no ecosistema e forzando a saída das persoas do rural. Só dende o mes de agosto fixéronse trámites para, cando menos, 25 novos proxectos que afectarían dalgún xeito a máis de 60 concellos.

A importante participación galega na convocatoria de Madrid é un signo da organización que está a acadar o movemento na nosa Comunidade. Creada hai un mes, á coordinadora Aldeas libres de macroeólicos xa se adheriron 15 asociacións, e ademais dos contactos establecidos na protesta desde sabádo, a coordinadora comeza a se organizar con máis colectivos nos preparativos de protesta e reivindicación de “renovables sí, pero non así” en Galiza.

COMUNICADO DE PRENSA DE ‘ALDEAS SEN MACROEÓLICOS’

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario