Salvemos o Monte Grande en Bande

STOP EÓLICOS XURÉS-CELANOVA convoca a I MARCHA EN DEFENSA DO MONTE GRANDE, que partirá da Praza de Bande ás 10 da mañá do sábado 23 de outubro en protesta contra a instalación dunha central eólica na Fonte Santa.

Como resposta a actuación de Greenalia, empresa promotora do proxecto industrial, que o mes pasado xa se entrevistou coa alcaldesa de Bande, Sandra Quintas (PP), e cos comuneiros, cos que entrou nunha negociación para o alugueiro dos terreos durante 30 anos, a plataforma convocou unha andaina que recorrerá os espazos naturais e patrimoniais que se verían máis afectados de levarse adiante o proxecto.

O proxecto de central eólica no Monte Grande, denominado P.E. Fonte Santa, é un complexo de 12 aeroxeradores (ou 13, segundo as fontes) situado a tres quilómetros do casco urbano de Bande, e que completaría unha liña de 38 aeroxeradores entre Celanova e Bande coa sucesión dos polígonos do Vieiro, xa en funcionamento, e do Monte da Neve, en fase de tramitación. No caso da instalación da Fonte Santa, a paisaxe do Xurés veríase severamente afectada. O Parque Natural está situado apenas a dez quilómetros ao sur da central e a sete quilómetros ao oeste.

STOP EÓLICOS XURÉS-CELANOVA denuncia que veciñanza de Bande NON tivo información ningunha dos plans de Greenalia para o Monte Grande nin posibilidade de intervir nun proceso, tal e como establecen as Directrices da Paisaxe de Galiza. A plataforma xa anunciou que solicitará unha entrevista coa alcaldesa de Bande.

No seguinte documento, STOP EÓLICOS XURÉS-CELANOVA ofrece dez razóns para se opór á instalación:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario