Así actúa o TSXG fronte á invasión eólica (auto Rodicio II)

AUTO polo que acorda “la medida cautelar de suspensión de la ejecutividad, interesada por la Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza, contra la Resoluciónde fecha 12/04/2.023 dictada por la Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (…) que otorga autorización administrativa previa y autorización administrativa de construcción a las instalaciones relativas al proyecto del parque

Así actúa o TSXG fronte á invasión eólica (auto Rodicio II) Ler máis »

Rexeitamento da Axenda Mineira da Xunta por criminalizar á sociedade civil

Este 20 de decembro, colectivos ecoloxistas e plataformas veciñais lanzaron un comunicado de rexeitamento da Axenda Mineira da Xunta por criminalizar á sociedade civil. Stop Eólicos Xurés Celanova e o MEL adhírense a esta protesta que esixe da Xunta a retirada do documento porque vulnera os principios de neutralidade e obxectividade da administración. E súmase á denuncia da estratexia da Xunta de fomentar o ‘lawfare’ contra as organizacións sociais e ampara unha campaña descarada de proselitismo e propaganda en centros educativos

Rexeitamento da Axenda Mineira da Xunta por criminalizar á sociedade civil Ler máis »

Xinzo di ‘NON’ ao macrocomplexo que tramita o Miteco para GreenVolt

Stop Eólicos Xurés Celanova agradece esta toma de posición da corporación municipal de Xinzo de Limia, para botar o freo na proliferación de macroeólicos na comarca da Limia. Especialmente a Camilo Vila e Elvira Lama, que en representación do BNG e do PSdeG se teñen manifestado sen ambaxes e apoiando firmemente as demandas da plataforma.

Xinzo di ‘NON’ ao macrocomplexo que tramita o Miteco para GreenVolt Ler máis »

Acto reivindicativo no Larouco este 30 de abril

O parapente leva 5 meses esperando pola resposta da Secretaría Xeral para o Deporte sobre a protección do Larouco.

STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA denuncia unha campaña de “medo e desinformación” nas aldeas do Val do Salas por parte dun suposto representante de Four Winds, que está a ofrecer contratos falsos sobre terreos afectados por unha liña de alta tensión que non está aprobada.

Acto reivindicativo no Larouco este 30 de abril Ler máis »

NUESTRO RETO

La campaña de recaudación para el FONDO PARA A DEFENSA XURÍDICA DAS MONTAÑAS DE A LIMIA-XURÉS-CELANOVA se pondrá en marcha el jueves 23 de febrero y permanecerá activa hasta el domingo 30 de abril de 2023. Colabora. Haz tu aportación.

NUESTRO RETO Ler máis »

Outra batalla ganada: parouse a Greenalia en Lamas de Feás

O luns 23 de xaneiro publicouse no DOG a resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático coa declaración de impacto ambiental (DIA) desfavorábel sobre o proxecto de Greenalia para construír un macropolígono eólico Lamas de Feás na Aguioncha, moi próximo ás aldeas de Feás, Serois, Lobás, Lomear, Padroso, Meaus, O Silvoso e Pintás, é que deixaba estas dúas últimas dentro da poligonal da infraestrutura.

Outra batalla ganada: parouse a Greenalia en Lamas de Feás Ler máis »

800 alegacións contra os macroeólicos de Greenalia en Pena Loba

A veciñanza e a plataforma rexistraron escritos de oposición a Lamas II en Baltar, Calvos e Os Blancos —os tres concellos ameazados polos plans de Greenalia— e tamén en Celanova, Xinzo e Ourense. As alegacións súmanse ás presentadas na primavera (1.500) contra o proxecto Lamas de Feás, do que este constitúe unha ampliación fraudulenta.

800 alegacións contra os macroeólicos de Greenalia en Pena Loba Ler máis »

O complexo Mistral-Tramontana completa a destrución paisaxística da Serra do Larouco

Unha empresa tapadeira con sede en Cádiz e que non desenvolve proxectos eólicos propios saca a exposición pública unha macro central dividida en dous proxectos idénticos con 15 aeroxeradores de 150 metros de altura e dúas subestacións que evacuarían a enerxía a través dunha LAT sobre o Val do Salas até Mugueimes (Muíños).

O complexo Mistral-Tramontana completa a destrución paisaxística da Serra do Larouco Ler máis »

Gañamos unha batalla, pero o segundo proxecto de Bay Wa é máis lesivo para as persoas

COMUNICADO de STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA diante da saída a información pública do proxecto de execución e o estudo de impacto ambiental do plan de Bay Wa para instalar unha central eólica entre Celanova e Verea con aeroxeradores de 180 metros de altura e unha liña de alta tensión cara a Frieira que non se define.

Gañamos unha batalla, pero o segundo proxecto de Bay Wa é máis lesivo para as persoas Ler máis »

A exposición pública a LAT que vai do P.E. San Martiño (Baltar) até a subestación de Iberdrola no Larouco

Segundo o estudo de execución, un dos documentos que fixeron públicos este venres, a denominada LAAT 132 kV SAN MARTIÑO – LAROUCO consiste nunha liña aérea de 11,1 quilómetros, composta por 43 torres de apoio, con alturas entre os 30 e os 45 metros, que atravesa regatos, camiños, cortalumes e corgas en territorio dos concellos de Baltar e Xinzo de Limia.

A exposición pública a LAT que vai do P.E. San Martiño (Baltar) até a subestación de Iberdrola no Larouco Ler máis »

Jean-Paul Pélissier/Reuters

Condena a empresas eólicas en Francia polos impactos sobre a saúde dunha central eólica a 700 metros das casas

O xuíz recoñece que unha parella que vivía a 700 metros dos aeroxeradores sufriu o síndrome do aeroxerador (con fatiga, dores de cabeza, presión e dores nos ouvidos, mareos, náuseas, trastornos do sono, taquicardias frecuentes) e determina unha indemnización de 110.000 euros.

Condena a empresas eólicas en Francia polos impactos sobre a saúde dunha central eólica a 700 metros das casas Ler máis »

STOP EÓLICOS convoca o movemento ecoloxista da provincia para frear a invasión eólica do Xurés

STOP EÓLICOS XURÉS-CELANOVA convocou para este sábado (10.00, na praza de Bande) a todas as plataformas, colectivos veciñais e asociacións ecoloxistas que defenden os territorios de Ourense diante da ameaza eólica a participar da I MARCHA EN DEFENSA DO MONTE GRANDE, para frear “a invasión eólica do Xurés”.

STOP EÓLICOS convoca o movemento ecoloxista da provincia para frear a invasión eólica do Xurés Ler máis »

STOP EÓLICOS reclama a Bande que informe sobre os riscos dunha central eólica no Monte Grande

STOP EÓLICOS XURÉS-CELANOVA solicitará unha entrevista coa alcaldesa de Bande, Sandra Quintas (PP), para achegar información sobre os perigos que suporía a instalación dunha central eólica no Monte Grande e demandar da responsábel municipal que desenvolva unha campaña de información à veciñanza sobre os riscos do proxecto.

STOP EÓLICOS reclama a Bande que informe sobre os riscos dunha central eólica no Monte Grande Ler máis »

Máis de medio cento de veciñas suben o Monte da Neve para dicir NON aos eólicos en Celanova

A plataforma STOP EÓLICOS XURÉS-CELANOVA reuníu este sábado nunha mobilización de protestas contra a invasión eólica a máis de medio cento de veciñas, alén das que acompañaron à saída diante do Mosteiro de Celanova a primeira hora da mañá.

Máis de medio cento de veciñas suben o Monte da Neve para dicir NON aos eólicos en Celanova Ler máis »

Convocada a primeira Marcha en defensa da Casa da Neve para o 4 de setembro

A plataforma STOP EÓLICOS XURÉS-CELANOVA organiza unha marcha veciñal en defensa da auga, a paisaxe e o patrimonio da Casa da Neve, en Celanova, onde unha empresa alemá pretende instalar un polígono eólico con máquindas de case 200 metros a menos dun quilómetro das primeiras vivendas. STOP EÓLICOS XURÉS-CELANOVA convocou a súa primeira acción para

Convocada a primeira Marcha en defensa da Casa da Neve para o 4 de setembro Ler máis »

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario